A PDRA denuncia, conxuntamente con 23 colectivos do mar, verteduras recorrentes na Pobra do Caramiñal e pide actuación “inmediata” da Xunta

O sector denuncia que “Augas de Galicia” non cumpre coas súas obrigas legais nin a normativa europea

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) denunciou hoxe en rolda de prensa a remisión á ConsJellería do Mar e a Augas de Galiza de sendas denuncias do sector pesqueiro e marisqueiro da Ría de Arousa pola detección de verteduras entre o 29 de setembro e o 3 de outubro na praia da Raposiña. Explicou o presidente da PDRA, Xaquín Rubido, que existe constancia por parte do sector de que estas verteduras “realízanse pola noite e polo seu aspecto poden ser presuntamente o resultado da limpeza de instalacións de transformación de alimentos” que operan na zona.

Na denuncia remitida á Xunta de Galicia acredítase que na semana do 29 de setembro ao 3 de outubro “foron visualizadas unha grande cantidade de nubes flotantes brancas” que eran máis densas nas proximidades da devandita praia e que “ían dispersándose ata a entrada do Porto da Pobra do Caramiñal”. Segundo consta na denuncia diante dos órganos competentes do goberno galego, sinalan na PDRA que o episodio de contaminación “foi especialmente intenso” o pasado 3 de outubro arredor das 05:00h da madrugada (ver foto).

Diante destas verteduras “recorrentes”, a PDRA exixiu á Consellería do Mar a posta en marcha dun “Plan de actuación extraordinario de seis meses de duración”, ao abeiro do artigo 13 do Decreto 136/2017 de 17 de novembro, de Ordenación e funcionamento do Servizo de Gardacostas de Galicia. Demandan do sector que o departamento de Marta Villaverde actúe comprobando a presenza destas verteduras recorrentes en horario nocturno (entre 24:00 e 06:00h), nas saídas dos emisarios das verteduras das fábricas e nas súas proximidades.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios