O Concello de Lugo acolle a presentación da tempada 2025-2026 da Sociedade Filarmónica de Lugo

«Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo», afirmou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide e Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo, participaron hoxe na presentación da nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo. Hoxe presentáronse os 12 primeiros concertos, que se celebrarán no Círculo das Artes entre o vindeiro 24 de outubro e o 29 de maio de 2026.

Rubén Arroxo lembrou que «desde a Tenencia de Alcaldía continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional» e engadiu «o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo».

A programación desta tempada conta con 12 concertos, achegando a Lugo a músicos destacados a nivel galego, estatal e internacional. Desde a Sociedade Filarmónica de Lugo cóntase coas tres agrupacións máis importantes de Galiza, con concertos da Real Filharmonía de Galiza, a Orquestra Sinfónica de Galiza, considerada a máis importante do estado en canto a calidade, ou a Orquestra Sinfónica Vigo 430.

Todos os concertos do ciclo terán lugar no Círculo das Artes de Lugo ás 20:00 h. A programación completa pode consultarse na web da Sociedade Filharmónica de Lugo.

Programación tempada 2025-2026

Venres, 24 de outubro

Ensemble Praeteritum Sinfónico con Pablo Suárez Calero ao violín

D. Shostakóvich: Concerto para violón nº2 e Sinfonía nº5

Venres 28 de novembro

Cuarteto Gerhard

Ludwig van Beethoven: Cuartetos nº15, op.13t5 e nº15, op.132

Venres 5 de decembro

Real Filharmonía de Galiza dirixida por Baldur Brónnimann

Cometa: Encarga a Carme Rodríguez (estrea absoluta)

Arvo Pärt: Fratres

Grazyna Bacewicz: concerto para orquestra de corda

Louse Farrenc: Sinfonía nº3 en sol menor, op.36

Sábado 10 de xaneiro

Abel Tomás ao violín (primeiro violinista do Cuarteto Casals) e Emma Stratton ao piano

Franz Schubert: Sonatina en la menor, Rondeau Brillant e Fantasía en do maior

Xoves 22 de xaneiro

Juan Ferrer ao Clarinete, Raúl Mirás ao violonchelo e Alicia González ao piano

Tríos para clarinete, cello e piano de Ludwig van Beethoven, Nino Rota e Johannes Brahms

Sábado 7 de febreiro

Iria Folgado ao óboe e corno inglés e cuarteto de corda

Ecos de Breogán: Obras de Benjamin Brittern, Ralph Vaughan Williams, Arnold Bax, Elizabeth Maconchy e Fernando Buíde

Sábado 28 de febreiro

Filarmónica Km0

Banda Filharmónica de Lugo con Pablo Marqués como director convidado

Obras de José Manuel Izquierdo, Ximo Tarín e Rafael Talens

Sábado 7 de marzo

Filarmónica Km0, 1º premio do Concurso de Interpretación Musical Xosé Castiñeira 2025 do CMUS Xoán Montes de Lugo

Álex Barcla ao piano e Ensemble de Filharmónica

Sábado 21 de marzo

Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Catherina Lee ao violín e Javier Fajardo na dirección

Max Bruch: Concerto para violín nº1

Ludwig van Beethoven: Sinfonía nº5

Xoves 16 de abril

1º premio do VII Concurso Internacional de piano Cidade de Vigo 2024

David Khirikuli ao piano

Obras de Franz Schubert, Franz Liszzt, Aleksandr Skriabin e Maurice Ravel

Mércores 29 de abril

Lied the Future, coa soprano Belén García Burgos e Esther Villar ao piano

Liederkreis de Robert Schumann, Lieder de Franz Schubert, Kaija Saariaho, Pauline Viardot, Manuel de Falla e Edvard Grieg

Venres 29 de maio

Real Filharmonía de Galiza coa dirección de Amandine Beyer

Georg Friedrich Händel: Suite nº1 da Música Acuática

Karl Friedrich Abel: Sinfonía nº4 en do maior

Johann Sebastian Bach: Abertura e Suite de Amadis de Gaula

Comparte éste artículo
No hay comentarios