O Festival Comarea volve a Muxía para encher o inverno de música e cultura

Dentro da programación haberá moitas actividades paralelas como faladoiros, actividades medioambientais, obradoiros e moito máis.

O Festival Comarea volverá a Muxía do 4 ao 7 de decembro con concertos, faladoiros, obradoiros e outras moitas actividades que terán lugar en distintos espazos da vila. O festival naceu no 2015 coa intención de desestacionalizar a oferta cultural e musical, poñendo unha data no calendario de inverno e xerando experiencias culturais de calidade tamén fóra das grandes cidades. 

Comarea volverá un ano máis a encher Muxía de música e cultura. Tras 4 anos de pausa, en 2024 retomamos a motivacioìn inicial: construiìr unha escena cultural local, integradora e aberta, na Costa da Morte. Nesta nova etapa, mantemos o mesmo obxectivo pero cun formato renovado: un festival desestacionalizado, interxeracional e diverso en estilos musicais (folk, funk, electroìnica ou muìsicas do mundo). 

Este ano o festival celebrarase entre os días 4 e 7 de decembro en distintas localizacións de Muxía. Nos vindeiros días daremos a coñecer o cartel completo de concertos, con nomes de dentro e fóra de Galicia, e as actividades paralelas que encherán un programa coa mirada posta no territorio.

Nos vindeiros días tamén estará dispoñible a venda de entradas para os concertos de pago, xa que, como cada ano, unha parte do programa será de pago e outra de acceso libre. 

Manifiesto a favor da cultura no rural

Comarea eì un manifesto a favor da cultura no rural, demostrando que se poden crear experiencias de calidade foìra das grandes cidades. Celebralo no inverno eì un reto, pero tameìn unha oportunidade para combater a imaxe de “vila postal” e ofrecer alternativas culturais vivas durante todo o ano.

Nas edicioìns anteriores recibimos a artistas de renome como Dennis Ferrer, Carl Craig, Anna, Cora Novoa, Fernando Costa ou Guts. En 2024, abrimos o abano a novos xeìneros (rock, funk, electroìnica ou muìsicas do mundo) para ampliar o puìblico e apostar pola calidade por riba da cantidade.

Experiencia integral con actividades paralelas

Un dos piares do Comarea eì crear unha experiencia integral que vai maìis alaì da muìsica: obradoiros infantiìs para fomentar inquedanzas culturais dende a infancia; accións medioambientais, como limpeza de praias e obradoiros; faladoiros culturais sobre temas relacionados coa Costa da Morte; gastronomía local, con postos de restauración de cómida típica para poñer en valor o potencial gastronómico galego. 

Por todo iso, Comarea non eì soì un festival, eì unha declaracioìn de principios e unha aposta pola cultura viva no rural, a música diversa para públicos diversos, o respecto pola contorna natural e social, e a creación experiencias auténticas que unen á veciñanza e atraen visitantes. 

Sobre Horta Creativa

Horta Creativa eì unha cooperativa cultural que impulsa proxectos dende unha visioìn integral, encargaìndose de todo o proceso: desde a planificacioìn inicial ata a producioìn, a organizacioìn e a difusioìn.

Enraizados na Costa da Morte, traballamos con especial ilusioìn por desenvolver iniciativas no noso territorio, resaltando a riqueza cultural e a autenticidade do produto local. A nosa contribucioìn consiste en desenÞar e xestionar programas culturais de calidade que xeren conexioìns reais entre a comunidade e o seu contorno. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios