A Corporación Municipal traslada o seu máis sincero pésame e todo o seu cariño á familia e ás persoas achegadas, nun momento de enorme dor que conmociona a toda a cidade.
O Alcalde manifesta o agradecemento a todas as persoas e servizos de emerxencia que prestaron a súa colaboración e apoio durante aquel suceso.
O Concello de Lugo acompaña coa súa solidariedade e agarimo á familia e amizades da vítima nestes difíciles momentos.