A plataforma Arteixo Futuro advertiu hoxe de dúas novas saídas de vía na Travesía de Pastoriza durante este domingo, que pareceron saldar sen danos persoais pero que evidencian a perigosidade deste tramo en canto existe certa auga na calzada ou condicións de pouca visibilidade.
Os incidentes prodúcense pouco máis dun mes despois do accidente mortal que tivo lugar no mesmo punto quilométrico sen que a veciñanza do núcleo ou a cidadanía en xeral percibirá mudanzas ou actuacións das administracións públicas.
Así, o think tank local insiste na necesaria estratexia para “securizar” o tráfico na Travesía e tamén o paso de peóns polas beirarrúas, que poderían ser arrolados en calquera momento á vista dos sucesos que se veñen producindo.
Como primeiro paso reclaman un incremento da presenza policial en forma de controis aleatorios, cuxa actuación pode contribuir a disuadir de coller a baixada con maior velocidade, así como a instalación de badéns reductores, para advertir xa da perigosidade deste tramo.
Sería o cuarto incidente viario en tres meses, logo dunha saída de vía o pasado 29 de agosto, o suceso mortal do mes de setembro, e agora estas dúas situacións do domingo. Isto debería facer reflexionar tanto a Concello como á Deputación, cooperando na resolución destas eivas.
Qué é Arteixo Futuro?
Xurde como plataforma veciñal para plantexar ideas e propostas que permitan mellorar Arteixo e o conxunto dos seus núcleos habitados. Primeiro nunha contorna dixital, cunha comunidade de ducias de veciñas e veciños, tamén persoas traballadoras no municipio.