O PP pide coherencia ao goberno de Tomé e que apoien na Deputación a solicitude de investimentos aprobada unanimemente no pleno do Concello de Paradela

As vías que dan acceso a eses núcleos de poboación “están moi deterioradas” e o Concello de Paradela carece dos medios materiais, económicos e persoais para a execución das obras; “polo que o sentido común indica que para poder executar as actuacións a Deputación pode e debe colaborar mediante un convenio interadministrativo de cooperación, ao igual que realiza con outros concellos, que permita o financiamento e execución dos investimentos necesarios”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular pedirán no vindeiro pleno que o goberno provincial “dea mostra desa igualdade da que presume” e aprobe asinar un convenio de colaboración co Concello de Paradela para o financiamento das obras de ‘Pavimentación e mellora dos accesos a Mazo, Ferreira, Cerxedo, Reigañas, Santalla, Pol, Pacios e Tellada’, que teñen un orzamento total de 422.325,78€.

Os deputados populares explican que dende o goberno provincial “non deberían de poñer trabas” a aprobar este acordo xa que “por unha banda falamos dunha competencia da Deputación, a colaboración cos concellos, e, por outra banda, dun acordo xa aprobado no Concello de Paradela co voto a favor do deputado Iván Castro”.

Os deputados populares recordan que o pasado 31 de xullo de 2025, en sesión ordinaria, o pleno do Concello de Paradela adoptou por unanimidade dos seus membros presentes (7 votos: 4 do Grupo Municipal do P.P. e 3 do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE) un acordo para solicitar á Deputación subscribir un convenio de colaboración entre o propio Concello e a institución provincial para o financiamento das obras de ‘Pavimentación e mellora dos accesos a Mazo, Ferreira, Cerxedo, Reigañas, Santalla, Pol, Pacios e Tellada’, cun orzamento de 422.325,78€.

Os deputados populares explican que as vías que dan acceso a eses núcleos de poboación “están moi deterioradas” e o Concello de Paradela carece dos medios materiais, económicos e persoais para a execución directa das obras; “polo que o sentido común indica que para poder executar as actuacións a Deputación pode e debe colaborar mediante un convenio interadministrativo de cooperación, ao igual que realiza con outros concellos, que permita o financiamento e execución dos investimentos necesarios”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios