Baixo o lema “Negociación, subida salarial e mellora dos servizos públicos”, as organizacións sindicais comezan así un calendario de mobilizacións que continuarán cunha grande manifestación nacional e folga xeral se Función Pública segue bloqueando a negociación.
CCOO, CSIF, UGT denuncian que o Goberno adeuda 1.860 millóns de euros en atrasos salariais acumulados nos últimos 10 meses, un agravio económico que reflicte a magnitude da débeda histórica co persoal público, e sairemos á rúa o próximo 30 de outubro en todas as provincias galegas para reclamar a apertura inmediata da negociación dun novo acordo salarial que permita recuperar o poder adquisitivo do conxunto de empregadas e empregados públicos, mellorar as súas condicións laborais e establecer un plan de emprego que fortaleza os servizos públicos.
Baixo o lema “Negociación, subida salarial e mellora dos servizos públicos”, as tres organizacións sindicais, que representan máis do 80% do persoal das administracións públicas, comezan así un calendario de mobilizacións que continuarán cunha grande manifestación nacional e folga xeral en decembro se o goberno segue bloqueando a negociación.
A iniciativa nace en resposta á inacción e desprezo do Ministerio de Función Pública cara aos máis de tres millóns de traballadores e traballadoras públicos do país, aos que mantén conxelados os seus salarios. “O tempo para o diálogo esgotouse. A nosa resposta é firme en defensa dos dereitos do persoal e da calidade dos servizos que sosteñen o estado do benestar”.
A convocatoria do 30 de outubro consistirá en concentracións simultáneas fronte á delegación do Goberno da Coruña e das subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra, coincidindo con outras accións semellantes en todo o territorio nacional. As tres organizacións sindicais fan un chamamento a todos os empregados públicos para participar masivamente, inistindo en que esta será a primeira fase dun plan de mobilización que poderá incluír unha grande manifestación en Madrid e unha folga xeral en caso de que non se acade un acordo satisfactorio.
Entre as principais demandas destacan:
- Acordo salarial plurianual para recuperar o poder adquisitivo perdido desde 2010.
- Cláusula de revisión salarial automática, vinculada á inflación e a outros incrementos pactados.
- Plan de reforzo de plantillas para poñer fin á escaseza de persoal e reducir a temporalidade abusiva.
- Mellora das condicións laborais, incluíndo xubilación, equiparación salarial e modernización do marco laboral do sector público.
UGT, CSIF e CCOO subliñan que a falta de resposta do Goberno deixa a mobilización como única vía para garantir uns servizos públicos de calidade e unhas condicións laborais dignas. “É o momento de actuar. Ou o Executivo se senta a negociar de boa fe, ou enfrontarase a un conflito de grande envergadura”.