Antonio Ameijide afirma que “estas reclamacións seguen a darnos a razón e a amosar como PSOE e BNG se afanan en mentir ao negar esta realidade, que a rede viaria provincial é perigosa, quedando demostrado que non serven de nada os plans anunciados por José Tomé, xa que as estradas seguen nun estado moi malo de conservación en 66 dos 67 concellos da provincia”.
“Por moito que José Tomé presuma dun investimento récord nas estradas provinciais, a realidade é que non é así, xa que o investimento récord foi dun goberno do PP, que construíu toda a rede (case 4.300 quilómetros) con menos recursos e a mantivo en bo estado, así como as estradas da Deputación seguen a ser perigosas e aumentan os accidentes a cada día que pasa”.
Así de contundente se amosa o voceiro do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, tras comprobar como as reclamacións por responsabilidade patrimonial por danos nos vehículos producidos na rede viaria provincial non deixan de producirse.
Porque o estado da rede viaria provincial “é nefasto” en 66 dos 67 concellos da provincia xa que “José Tomé unicamente coida as vías provinciais que pasan polo seu concello”, unha evidencia que se certifica en que PSOE e BNG seguen a resolver reclamacións por responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados a vehículos nas vías da Deputación.
Neste senso, explica que o pasado 18 de novembro de 2024 produciuse un accidente na estrada LU-P-3201, que conecta Monforte con Sober, “xusto na estrada que José Tomé decidiu arranxar completamente dentro do termo municipal de Monforte, mentres que dentro de Sober unicamente se realizou un bacheado”.
Outra das reclamacións produciuse o 6 de setembro de 2024, na estrada LU-P-4304, no punto quilométrico 2,4, ao meter un vehículo unha roda nunha fochanca.
O 14 de febreiro deste ano, no cinto comarcal LU-P-1611, no punto quilométrico 59,5, un vehículo tamén sufriu danos por mor dunha gran fochanca.
Ademais, o 13 de marzo deste ano, na LU-P-4902, en Portomarín, produciuse o rebentón do pneumático dianteiro dereito e danos na lamia por mor dunha fochanca chea de auga que impedía ser vista para poder esquivala.
Estas novas reclamacións resoltas “son a consecuencia dunha total falta de mantemento de PSOE e BNG durante os últimos 18 anos”.
Antonio Ameijide engade que “estas reclamacións seguen a darnos a razón e a amosar como PSOE e BNG se afanan en mentir ao negar esta realidade, que a rede viaria provincial é perigosa, quedando demostrado que non serven de nada os plans anunciados por José Tomé, xa que as estradas seguen nun estado moi malo de conservación en 66 dos 67 concellos da provincia”.