O PP de Foz denuncia que o goberno local do señor Cajoto ten aos clubs deportivos do concello totalmente abandonados

“Parece evidente que Cajoto pretende empregar aos clubs como ferramenta de presión para que o PP apoie centos de facturas fóra de contabilidade. Iso é un auténtico insulto ao traballo e esforzo das directivas destas entidades, que manteñen viva a actividade deportiva en Foz”, lamenta Castiñeira.

O Partido Popular de Foz denuncia o abandono absoluto ao que o goberno municipal do señor Cajoto ten sometidos aos clubs deportivos do concello, que seguen sen cobrar as subvencións correspondentes aos anos 2023 e 2024.

“Xa no mes de marzo levamos unha pregunta ao Pleno preocupados por esta situación, preguntando cantas anualidades quedaban por pagar”, recorda Castiñeira. “Naquel momento, o alcalde recoñeceu que estaban pendentes todas as do 2024 e algunhas do 2023, o que xa nos pareceu moi grave. Ademais, asegurou que tratarían de abonarse de inmediato, pero pasaron sete meses e nada cambiou”, engade.

Para o PP de Foz, esta situación non é froito da casualidade, senón dunha intención “maliciosa” por parte do goberno socialista de xuntar nun único recoñecemento extraxudicial de crédito tanto as subvencións deportivas pendentes como facturas con reparos de intervención, resultado da mala xestión económica e da falta de orzamentos actualizados no presente exercicio

“Parece evidente que Cajoto pretende empregar aos clubs como ferramenta de presión para que o Partido Popular apoie centos de facturas fóra de contabilidade. Iso é un auténtico insulto ao traballo e esforzo das directivas destas entidades, que manteñen viva a actividade deportiva en Foz”, lamenta Castiñeira.

O Partido Popular de Foz esíxelle ao alcalde que leve ao Pleno por separado dous recoñecementos de crédito: un coas subvencións sen cobrar dos clubs deportivos e outros coas facturas fóra de contabilidade. “Se non o fai así, verémonos obrigados a votar en contra e non aceptaremos o chantaxe político do grupo de goberno”, advirte o portavoz popular.

“O que non pode ser é que os clubs teñan que pagar as consecuencias da nefasta xestión económica do señor Cajoto, que acumula irregularidades no gasto e na contratación, traballando sen respaldo orzamentario e con contas totalmente desactualizadas. Ou trae os expedientes por separado, ou que non conte co Partido Popular para levantar os reparos derivados da súa propia neglixencia”, conclúe Castiñeira.

Comparte éste artículo
No hay comentarios