Non dobregaba o Cabana a unha Escola Cabrejo que non coñece a derrota en cinco partidos, e este domingo facía un partido de alta intensidade ante unhas visitantes ás que non deron a menor oportunidade, marcando un gol en cada tempo pese a improvisar sobre a marcha despois de atoparse ca baixa de Uxía no quencemento.
Pese a iso, a fortaleza defensiva das azuis pronto quedou demostrada unha vez máis, maniatando a un Cabana incapaz de achegarse a Desirée baixo paus. Pouco despois do cuarto de hora, unha gran xogada persoal de Paula acababa en penalti que transformaría Aitana. Non se conformaban as locais e non baixaron o ritmo, pero con ese resultado chegábase ao tempo de lecer.
No segundo tempo, o bo facer da Miriam, porteira cabanesa, impedía ampliar a renda das camariñanas, que finalmente, no último treito do encontro e despois dunha xogada de presión con Maira e Yara, é Paula quen aproveita o rexeite para facer o segundo e deixar ao Cabana sen folgos nin puntos. Invictas e capaces de competir pese ás adversidades, unha semana máis arriba da clasificación.