UGT denuncia caos organizativo na implantación dos tribunais de instancia en Galicia

UGT-Xustiza denuncia a xestión da Dirección xeral de Xustiza e o caos organizativo que está a provocar na implantación dos tribunais de instancia en Galicia. Dende UGT-Xustiza critícase o xeito de facer as cousas, así como as dificultades de comunicación coa parte social. Precisan: regulamentacións irregulares das comisións de servizo, un caótico proceso de reorganización dos cadros de persoal de Xustiza, a parálise da ordenación e a convocatoria das bolsas de traballo do persoal interino, falta de transparencia na toma de decisións… Todo isto provocou que nestes últimos tres anos as queixas ante a Valedora do Pobo contra a Dirección xeral de Xustiza fosen numerosas, o que obrigou á intervención da Valedora en varias ocasións.

Non obstante, dende UGT-Xustiza apúntase que este ano a reorganización do persoal dos xulgados foi a gota que colmou o vaso. A Dirección xeral de Xustiza está mover ao persoal duns postos a outros sen ningún xeito, amosando un total descoñecemento tanto das cargas de traballo dos órganos xudiciais como do que se fai neles.

Non se pode esquecer que 1 de cada 5 postos de traballo veranse afectados directamente, o que provocará que a 1 de xaneiro de 2026 boa parte dos servizos dos tribunais de instancia das sete localidade máis grandes de Galicia poidan quedar paralizados. Estancamento que, ademais, é moi posible que se manteña no tempo, dado que a implantación tecnolóxica da nova aplicación de xestión procesual (Atenea) vai moi por detrás á do resto de comunidades autónomas, debido ao deficiente funcionamento da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a

Cuadro de texto: Nota de Prensa

que a Dirección xeral é incapaz de xestionar co Ministerio de Xustiza (que é quen lle cede gratuitamente a aplicación á Xunta) a súa posta en marcha. Estase a finais de novembro e ninguén na Dirección Xeral de Xustiza sabe como se vai traballar nos tribunais de instancia a partir do 1 de xaneiro de 2026.

UGT calcula que, debido á precipitada e caótica xestión da Dirección Xeral de Xustiza, en Galicia producirase un atraso na duración dos procedementos na contorna do 50% respecto ao resto das comunidades autónomas. O que aínda se podería ver agravado se algún dos múltiples recursos que se están presentando ante tanta confusión e desorde chega a ser estimado, porque entón habería que volver á casa de saída, deixando a Galicia no furgón de cola da Administración de Xustiza en España.

Comparte éste artículo
No hay comentarios