O CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Cambre quere lembrar que hoxe, ás portas do noso centro, realizamos unha concentración para solicitar que o escrito presentado e respaldado por case 2.000 sinaturas, sexa atendido polas autoridades competentes.
Reclamamos que se dote o colexio dos recursos necesarios para garantir unha atención axeitada ao noso alumnado, especialmente a Paulo, cuxas necesidades específicas requiren un apoio estable e suficiente. Baixo o lema “Cando Paulo recibe apoio, todo o cole medra”, defendemos que poida asistir ás clases con normalidade todos os días, sabendo que as súas necesidades están cubertas e, ao mesmo tempo, sen que isto repercuta negativamente no resto do alumnado con NEE e NEA que tamén precisa dunha atención adecuada.
Seguiremos reclamando, con convicción e unidade, os medios que o noso alumnado merece.
Gracias!