Os servizos municipais de Lugo advirten ao Goberno local de responsabilidades «civis e penais» por reincidir en irregularidades

O PP analiza os 10 informes dos que se dan conta mañá no pleno especialmente o relativo ao control financiero dos contratos prorrogados tácitamente unha ver esgotado o prazo convencional de duración durante o ano 2024

  • O informe constata a  falta de colaboración con intervención e lle recorda que é un deber e cando non ocorra, o titular da área debe proceder a adoptar as medidas correctoras oportunas, confirmando que despois de infinidade de reparos hai unha falta de interese por subsanar esta situación
  • En segundo lugar, detectan prestacións que levan dende anunalidades tales como as do 2012, 2018 e 2019 sen realizar ningún trámite para subsanar esta situación especialmente en servizos como medio ambiente, infraestruturas, informática …
  • En terceiro lugar, recorda os principios que regulan a contratación pública “liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia nos procedementos, e non discrimnación e igualdade de trato entre os licitadores co obxectivo de garantir unha estabilidade orzamentaria, control de gasto ou principio de integridade e unha eficiente integración dos fondos públicos. Obriga primeiro a definir as necesidades e despois dárlle solución en procedementos de libre concurrencia á oferta máis vantaxosa
  • O incumprimento de todo esto afecta a situación económica do Concello, xa que moitos dos contratos caducados, a súa facturación, recolle os custos que cada empresa considera que supuxo a prestación do servizo/subministración sen que concurra a opción de que outros licitadores poidan acceder a estes contratos e conseguir un axuste dos prezos
  • Este informe tamén advirte que todas estas facturas son obxecto de disconformidade formulándose reparo, especialmente debido aos casos de omisión, no expediente dos requisitos ou trámites esenciais.
  • Ata o de agora, constan moitos decretos de resolución de discrepancia sen constancia de ningunha actuación en aras á resolución desta problemática
  • O máis importnate de todo isto é a advertencia dos servizos municipais de que estas accións ou omisións ten efectos de asunción de responsabilidades “a DA 28 da LCSP sinala que “1ª responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das Administracións Públicas derivada das súas actuacións en materia de Contratación Pública, tanto por danos causados a particulares,  como a propia administración esixirase conforme ao disposto na lei … recordando que no caso de persoal ao servizo das administracións dará lugar a responsabilidade disciplinaria e recolle tamén o 78.1 da LRBRL apuntando aos membros das corporacións locais que “están suxeitos a responsabilidade civil e penal”
Comparte éste artículo
No hay comentarios