O Concello de Noia anuncia a reapertura do Museo do Mar nun acto que terá lugar o venres 5 de abril ás 19:00 horas, froito do traballo conxunto coa Asociación Mar de Noia.
Na presentación estiveron presentes o tenente de alcalde Manolo Seijas, a concelleira de Cultura Chelo Martíneze o presidente da Asociación Mar de Noia, Félix González.
Durante o acto, Manolo Seijas explicou que “cando entramos no goberno, o Museo estaba totalmente abandonado: os aparatos electrónicos non funcionaban. Pouco a pouco imos poñendo orde e recuperando espazos culturais para a veciñanza”.
Pola súa banda, Chelo Martínez anunciou que o Museo do Mar reabrirá inicialmente os días 11, 12 e 13 de decembro, e que posteriormente se desenvolverá unha programación especial de Nadal, con apertura practicamente todas as mañás. A partir de xaneiro, o centro museístico abrirá dous días á semana, e porase en marcha unha canle na páxina web do Concello para solicitar visitas de grupos.
Desde o Concello de Noia e a Asociación Mar de Noia destácase a importancia de recuperar un espazo de divulgación e memoria ligado ao mar, elemento esencial da identidade e historia do municipio.