Bloqueo Popular: Besteiro afirma que Rueda ‘dálle as costas á xente’ ao ignorar 435 propostas de cambio

O Grupo Parlamentario Socialista denunciou hoxe que o Partido Popular optou por blindarse contra calquera achega na tramitación dos Orzamentos 2026 ao rexeitar, sen análise nin contraste, as 435 emendas parciais presentadas polo PSdeG.

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, foi claro ao respecto: “Se o PP non acepta nin unha das nosas 435 emendas, o que demostra é que non quere que os Orzamentos respondan ás necesidades reais de Galicia. Queren contas sen revisión, sen avaliación e sen control. Esa actitude non é técnica, é profundamente política.”

Besteiro lembrou que o ano pasado o PP só admitiu unha única emenda socialista, relativa ao Museo da Romanización de Lugo, coa que se comprometían a destinar 500.000 euros adicionais. “O PP prometeu medio millón máis e vendeu ese compromiso como mostra de colaboración. Pero despois desviaron ese diñeiro a outros proxectos que consideraron máis interesantes. O que fixeron foi incumprir, coma sempre”.

As emendas do PSdeG estruturábanse en 310 ao estado de gastos, 41 ao Proxecto de Lei e 84 á Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, e estaban orientadas a corrixir déficits recoñecidos nos servizos públicos. “Non houbo opción para corrixir o máis evidente. O PP decidiu que o Parlamento debía limitarse a validar o que sae de San Caetano, como se a Cámara non fose unha institución de control, senón unha oficina de trámite”, engadiu.

As propostas socialistas centraban os seus esforzos en das resposta aos veciños e veciñas atendendo as necesidades que nos fixeron chegar no noso percorrido polo territorio, ademáis dos encontros coa militancia e os  concellos. Preocupacións que comparten a maior parte dos galegos e galegas tal e como quedou reflictido no último informe da Valedora do Pobo e as avaliacións do Consello de Contas.

Sanidade pública: novas dotacións, melloras estruturais e reforzo da capacidade asistencial nos centros existentes; propostas que responden ao colapso asistencial xa sinalado pola Valedora e ignorado polo PP.

Servizos sociais e atención ás persoas maiores: creación de centros de día e residencias, ampliación de prazas públicas e impulso a escolas infantís para conciliación; demandas que aparecen reiteradamente nos informes sobre desatención social.

Infraestruturas viarias e marítimas: plans de rehabilitación rigorosos e programados, fronte á falta de mantemento que o Consello de Contas leva anos sinalando como estrutural.

Educación pública: reformas integrais en centros, rehabilitación de instalacións deterioradas e modernización de espazos; o PP leva anos amagando, pero non actuando.

Vivenda: mobilización de inmobles públicos para alugueiro asequible, rehabilitación e recuperación de parque habitacional, e planificación para conter prezos; un campo no que os informes oficiais coinciden ao indicar que Galicia carece dunha política real.

Besteiro sintetizou así o significado deste bloqueo: “Non houbo nin debate técnico nin criterio público. Onde debería haber supervisión, o PP ergue un muro. Galicia necesita que os Orzamentos respondan á realidade documentada, non que sirvan para tapar deficiencias que todo o mundo coñece”.

Destacando ademais que o problema non é conxuntural, senón estrutural: “A maioría absoluta non é unha patente de corso. Cando se presentan 435 emendas e só se admiten catro relacionadas con errores gramaticais o linguaxe non sexista, o que queda claro é que o PP renunciou á idea de facer política. Galicia merece un goberno que non tema contrastar e que non tema mellorar. Ese goberno non é o PP, claro está”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios