A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez organizan este domingo unha nova edición do Torneo de Xadrez Escolar de Nadal. Para a concelleira, Iria Buide, «tratase de integrar unha disciplina como o xadrez en un espazo privilexiado como a Praza de Abastos» e egandiu «imos converter o entorno da rúa Quiroga Ballesteros no lugar que Lugo merece para expansión do coñecemento». O Torneo foi presentado polo director da Escola Lucense de Xadrez, Pablo Castro, e pola edil de Educación Iria Buide.
O torneo terá lugar o vindeiro domingo, 14 de decembro, entre as 16 e as 20 horas. As persoas interesadas en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario ao persoal da Escola Luguesa de Xadrez ou escribindo un correo electrónicio a escolaluguesaxadrez@gmail.com.
O torneo será totalmente gratuíto e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Haberá trofeos para as tres primeiras clasificadas de cada categoría e agasallos para todas e todos os participantes.