Javier Arias eloxia a Javo Orejas por culminar os Seis Majors coa Maratón de Sidney

 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou hoxe ao atleta rabadense Javier Vázquez, coñecido como Javo Orejas, por conseguir “o fito histórico” de completar as sete maratóns máis prestixiosas do mundo, que configuran a “World Marathon Majors”.

O deportista completou en agosto a maratón de Sidney, incorporada este mesmo ano a elite dos Majors. Orejas xa contaba no seu haber coas outras seis probas clásicas do circuíto, que se disputan en Tokio, Boston, Londres, Berlín, Nova York e Chicago, a última que correra no ano 2022.

Arias destacou “a fortaleza física e mental que acredita coa súa traxectoria deportiva, á que dá continuidade con outras carreiras que o manteñen sempre á busca de novos retos”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios