Esquerda Unida condena as acusacións de acoso contra José Tomé e esixe a súa dimisión inmediata dimisión

Coñecida a noticia de que varias militantes do Partido Socialista denunciaron, vía canal interno do partido, situacións de acoso sexual e condutas inapropiadas de abuso por parte do máximo responsable do PSOE de Lugo, José Tomé Roca, desde Esquerda Unida, a súa Coordinadora Comarcal, Isabel Sánchez, “reclama a dimisión inmediata e a depuración de todas as responsabilidades ata as últimas consecuencias”.

A responsable de Institucional en EU, Chus Rodríguez, pola súa banda, amosa a máis “absoluta indignación porque, unha vez máis, as canles internas do PSOE semellan non ter funcionado”, despois de que as mulleres denunciantes queixaran que esta situación víñase prolongando desde hai tempo, mentres os responsables do PSG eran coñecedores das mesmas.

Isabel Sánchez enfatiza que “se se demostra que Besteiro e Lara Méndez coñecían o que estaba a pasar deben asumir as súas responsabilidades e dimitir igualmente”.

Finalmente, neste comunicado, desde Esquerda Unida queremos amosar o noso total apoio ás vítimas, pois a nosa organización que é feminista e anticapitalista, está coas mulleres, está do lado das vítimas e está en contra do machismo institucional, que sustenta comportamentos despreciables coma estes, dos que se acusa ao Presidente da Deputación de Lugo, e Alcalde de Monforte de Lemos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios