Montse Valcárcel, participou esta mañá xunto co concelleiro do BNG en Vilalba, Tino Alvite e militantes e simpatizantes da organización, nunha nova edición da Feira do Capón de Vilalba.A traxectoria secular tanto da cría do Capón como da celebración continuada da propia Feira, a singularidade, o arraigo, o valor cultural, a participación da poboación local, a afluencia de turistas e visitantes, fan desta feira un símbolo da identidade de Vilalba, un encontro que celebra a nosa tradición a posta en valor do rural e o traballo das criadoras.
Esta feira da Terra Cha, amosa o potencial que ten un produto como o Capón de Vilalba. Montse Valcárcel enxalzou o papel destas mostras “feiras como esta do Capón de Vilalba son a chave para o fomentar o consumo de proximidade, para contribuír a un sistema máis sostíbel e á vez xerar máis dinamismo económico no propio territorio”. “Esta feira é unha celebración do que somos, da nosa identidade, da nosa historia, do noso rural e da nosa dedicación á terra, algo que sería inviable sen a implicación dos criadores
A deputada nacionalista salientou “as feiras, tanto mensuais como anuais, como neste caso,son xeradoras de economía e permiten o mantemento do rural e nela ponse en valor tamén o queixo de San Simón ou o roscón de Vilalba”
Nesta liña, o concelleiro do BNG, Tino Alvite, destacou “para iso é preciso proxectos transformadores nos concellos e no País para dinamizar e contribuír á mellora da calidade de vida das persoas que viven aquí, esta feira da comenzo ao Nadal na Terra Cha”.
A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, visita a Feira do capón en Vilalba
No hay comentarios
No hay comentarios