Esta mañá informamos aos veciños da rúa da Milagrosa de que a Valedora do Pobo admitiu a trámite a petición presentada polo PP para que se aproveiten as obras que o goberno local está a facer na rúa Milagrosa e se inclúa no proxecto a renovación da rede de saneamento.
Trátase dunha actuación necesaria e urxente. Nas últimas semanas producíronse varios atascos que obrigaron a intervir de maneira reiterada
No Partido Popular somos partidarios de que cada intervención que se fai debe servir para mellorar os servizos e evitar problemas futuros, non quedar nun simple lavado de cara.