AMORIÑOS, o novo espectáculo de Touriñán e Perdomo, chega a A Coruña polo Nadal

Tras o éxito rotundo de Corentena e Corentena · Game Over, David Perdomo e Xosé A. Touriñán regresan á Coruña para enfrontarse á súa parella máis perigosa: o amor. O espectáculo ofrece unha sucesión de citas delirantes e paixóns imposibles cun humor salvaxe, ao máis puro estilo «First Dates á galega».

A cita será no Palexco, con catro funcións repartidas entre o sábado 27 e o domingo 28 de decembro. Co cartel de sold out xa colgado nalgunhas sesións, as últimas entradas están dispoñibles en Ataquilla, no quiosco da Praza de Ourense ou no propio recinto antes de cada pase.

Comparte éste artículo
No hay comentarios