No pleno de hoxe conseguimos que o alcalde de Lugo rectificase na proposición sobre o cuartel de San Fernando, na que buscábamos garantir o cumprimento do acordo acadado no ano 2022 entre o Concello e a Xunta de Galicia para facer realidade o Museo da Romanización. O alcalde volveu á senda do entendemento para rehabilitar este edificio.
A pesar do voto en contra do PSOE, conseguimos co voto a favor do BNG que o Concello reprobe ao socialista José Tomé. “Cando os concelleiros do PSOE teñen que elixir entre principios ou sillón… elixen sillón tal e como quedou patente esta mañá. O PSOE decidiu protexer a Tomé votando en contra de reprobalo tanto a el como a quen encubriu durante meses dende o partido o presunto acoso. Nin principios, nin coherencia”
Ainda que votaron en contra a proposta para crear un servizo municipal de limpeza de fosas sépticas para o rural polas súas declaracións no pleno parece que a van a estimar. O feito de que coincidan co que plantexamos poñémolo en valor.
PSOE e BNG tamén votaron en contra de desbloquear no Congreso dos deputados as leis antiokupación aprobadas no Senado. Na proposición instábamos ao Goberno do Estado a levantar o veto á tramitación destas iniciativas para que poidan ser debatidas e votadas, así como a axilizar a reforma do Código Penal para que cortar subministracións nunha vivenda ocupada ilegalmente non sexa considerado un delito de coacción.
Os populares tamén agradecen que o concelleiro Mauricio Repetto vira con bos ollos o recoñecemento da figura de Ramón Falcón Rodríguez pola súa contribuciónna conservación da muralla romana de Lugo e admitise a nosa solicitude de colocar unha placa que preserve a súa memoria.
Asuntos sen resolver
– Non hai data de apertura para o Centro de Interpretación da Muralla cuxas instalacións están pechadas dende o pasado 29 de novembro debido a unha praga de roedores que puxo en evidencia unha grave falta de mantemento nestas instalacións. Falamos dun espazo clave para a imaxe de Lugo
– Sobre a situación da ordenanza de uso do Auditorio Fuxan os Ventos escúdanse nos técnicos e non dan unha data para aprobar cando con anterioridade se comprometeran a tela lista no pasado mes de setembro.
– Con respecto á Ordenanza das Instalacions Deportivas non só non deron data senón que recoñeceu na resposta á nosa pregunta que “en absoluto era unha prioridade”