O TSXG dálle a razón á CNT e recoñece o dereito a indemnización por abuso a pesar de aprobar o proceso selectivo

Dende a CNT afirman que se “está a chegar a situación que ninguén quería: milleiros de persoas cesadas despois de contratos en fraude por abuso de temporalidade ás que se lles vai ter que indemnizar polo fraude e por quedar na rúa; e non so iso, en moitos casos as persoas que acadan praza nos procesos de estabilización tamén terán que ser indemnizadas polos anos de abuso de temporalidade… un despropósito”

O TSXG confirma as demandas interpostas pola CNT esixindo o pagamento de indemnizacións por abuso de temporalidade ao persoal que cesa como consecuencia de ter superado un proceso selectivo. Así, o tribunal entende que estes cesamentos supoñen a finalización dunha relación laboral en abuso de temporalidade sen que a administración resarcise este dano, polo que debe de facelo ao final da relación laboral en forma de indemnización: “estamos obrigados a dar unha solución como medida ao abeiro da cláusula quinta do Acordo Marco da directiva 99/70, a cal ten que ser a indemnización prevista para a extinción por causas obxectivas, isto é, a indemnización de vinte días por ano de servizo ata un máximo de doce mensualidades (art. 53.1 b) ET).

A CNT recorda que sempre defendeu en solitario a xustiza das reclamacións do persoal temporal contratado en fraude de lei e sempre esixiu unha solución que pasase pola conversión en persoal fixo de todo o persoal en fraude, ao que desde a Xunta, co respaldo dos sindicatos da mesa xeral, sempre se negou. A central anarcosindicalista manifesta que “agora moitos lamentan as consecuencias económicas que traerán milleiros de cesamentos do persoal temporal, pero a Xunta e os sindicatos da mesa tiveron a posibilidade de darlle unha solución diferente ao persoal temporal e sempre desprezaron as súas reivindicacións”.

Dende a CNT explican que: “Sempre ofrecemos a mesma solución en todos os conflitos por abuso de temporalidade na administración pública: a conversión dos contratos en fraude por abuso de temporalidade (responsabilidade da administración) en fixos ou fixos a extinguir; como decreta a directiva 1999/70 da unión europea. O custo económico sería 0€. Agora comezamos a ver as consecuencias económicas das decisións absurdas; e as consecuencias persoais nas que milleiros de persoas perden o seu posto de traballo tirando ao lixo anos de experiencia

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios