O barrio de San Pedro será o escenario dunha xornada intensiva de fotografía de rúa organizada por Fotowalk, que se desenvolverá de 10:00 a 20:00 horas e que propón unha aproximación á fotografía entendida como práctica de observación, presenza e reflexión sobre o espazo urbano.
Ao longo do día, as persoas participantes traballarán a través de seis retos fotográficosque abordarán cuestións como a relación co outro, o movemento da rúa, a luz e as sombras, a espera, e o diálogo —ou contradición— entre primeiro e segundo plano. A actividade está deseñada para fomentar unha mirada consciente, afastada da simple captura de imaxes, poñendo o foco nas decisións que toma quen fotografía.
A xornada estrutúrase en diferentes momentos: un encontro inicial e briefing, dúas sesións de street photography polo barrio, unha visita ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) como espazo de referencia para ampliar a reflexión visual, e un visionado final con sesión crítica colectiva na Casa do Taberneiro. Neste visionado analizarase unha fotografía por reto e participante, promovendo a participación activa de todos os perfís e o intercambio de puntos de vista.
O taller está coordinado polo fotógrafo Ramón Yoshimura, quen desenvolveu aolongo de varios anos un amplo traballo fotográfico sobre o barrio de San Pedro, cunarquivo que supera as 5.000 imaxes. Este proceso realizouse en diálogo co territorio e en colaboración co CGAC e outros artistas, convertendo o barrio nun espazo de investigación visual continuada. A súa experiencia servirá como fío condutor do taller, tanto na parte práctica como na reflexión final.
A actividade está dirixida a persoas interesadas na fotografía, independentemente do seunivel técnico, e aposta por unha metodoloxía participativa, colaborativa e aberta á diversidade de miradas.