Máxima tensión entre sindicatos: Intento de agresión da CIG contra membros de UGT

Tras un exercicio de responsabilidade e sentido común, UGT anuncia a súa decisión de non participar na continuidade dunha folga que consideramos «sen saída» e que ameaza con levar ao sector do transporte de viaxeiros da Coruña a unha catástrofe irreversible. No seu lugar, a formación sindical impulsará a sinatura dun convenio de eficacia limitada.

Desde UGT consideran que a folga non está a resolver o conflito, senón que o está enquistando e afastando as posturas entre a parte social e a empresarial. «Cada xornada de paro supón unha perda económica directa para as persoas traballadoras», sinalan desde o sindicato. Con esta decisión, buscamos poñer fin á incerteza e á dinámica de confrontación que se está a xerar nos centros de traballo.

Tras consultar coa afiliación, o convenio de eficacia limitada basearase no preacordo do pasado 2 de febreiro. Este pacto garante:

  • Incrementos salariais: Melloras que oscilan entre os 1.700 € e os 3.500 € brutos anuais (tomando como referencia o salario dun condutor), segundo os acordos específicos de cada empresa.
  • Respecto aos dereitos acadados: O novo texto incorpora dereitos novos sen restar absolutamente nada do xa conquistado en anteriores negociacións.

UGT non asinará un acordo de eficacia xeral, respectando así o resultado da votación do 4 de febreiro. Con este modelo de eficacia limitada, será cada persoa traballadora quen decida libremente, no exercicio da súa vontade individual, se quere que se lle aplique o convenio asinado ou non.

UGT quere condenar con total firmeza o intento de agresión sufrido por parte de manifestantes da CIG contra os nosos compañeiros. «Estas formas de actuar son indignas dunha organización que di defender á clase traballadora», denuncian desde o sindicato. UGT xa está a estudar accións legais contra este atropelo.

Finalmente, desde a formación lembran que «se a ditadura non foi quen de dobrar as nosas ideas en 120 anos de historia, non o vai facer agora un sindicato nacionalista máis próximo a intereses partidistas que aos problemas reais dos traballadores«.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios