O Ineltrón Santo Domingo recibe a Universad de Oviedo

Ocasión para que os betanceiros sumen a cuarta vitoria consecutiva.

Non vai ser un rival nada doado (os ovetenses ocupan a terceira posición da liga empatados a vitorias co segundo) pero a visita ao José María Valeiro Iglesias “Tocayo” do Universidade de Oviedo suporá unha boa ocasión para saber se a boa quenda de resultados do Ineltrón Santo Domingo Betanzos continúa. Os asturianos, con catro vitorias máis ca os galegos, xa gañaron en Mieres por 95-84 e a bo seguro non van queren perder a estela da cabeza da competición, poñendo en práctica ese baloncesto de seu, rápido, coral e agresivo, ben coordinado coas accións do seu interior, o malí Diarra (12,1 pp e 11,4 rebotes), acompañado na anotación por Miguel Zorrozua ou Alejandro Gómez Cabal. Así valora o encontro José Amando Pena “Soviético”, adestrador do conxunto local: “O equipo de Oviedo é un equipo cun ritmo de xogo moi alto cunha gran intensidade en defensa que lles permite recuperar moitos balóns e ter moitas posesións de ataque. Para ter opcións de vitoria temos que igualar intensidade defensiva e en ataque non caer en precipitacións. Esperamos seguir coa boa racha de vitorias na nosa pista”.

O partido terá lugar o próximo domingo de Entroido ás 17h e será retransmitido, para quen non poida achegarse ao pavillón betanceiro, por tiivii.gal.

Xornada ao ralentí polo Entroido con desprazamento a Porriño dos cadetes de 1a

Polo que respecta ao resto de equipos do club, nunha xornada marcada xa polas festas do Entroido, só disputan os seus partidos os cadetes de J. Caamaño Arquitecto de Liga galega, que vistarán Porriño o domingo ás 12h, as cadetes feminino de Decornaveira, que xogan na casa contra Compañía de María, os equipos infantís feminino e masculino de Warnier e Cyrdega, que xogan contra Cambre fóra e contra Arteixo en Betanzos, respectivamente e os preminibasket femino (o 91o Santo Domingo Betanzos) e masculino.


Comparte éste artículo
No hay comentarios