Resposta do PPdeG tras a petición de retirar o busto de Manuel Fraga do pasillo do Senado

O BNG e o resto de socios do Goberno central deberían pedir retirar a Pedro Sánchez da Moncloa en vez de solicitar retirar o busto de Manuel Fraga do pasillo do Senado.

Estamos ante unha nova falta de respecto do BNG a todos os galegos e galegas, que durante máis de 15 anos lle outorgaron maiorías absolutas a Fraga, plenamente avalado, polo tanto, pola súa traxectoria na nosa Comunidade.

No Partido Popular sentímonos moi orgullosos do seu legado: sentou unhas bases para construír o partido forte que hoxe somos. O seu traballo e o seu compromiso con Galicia son o espello no que hoxe anda se mira a familia do PPdeG.

A pesar da insistencia da esquerda en desfacer e reescribir ao seu antollo a Historia de España, o PP defenderá sempre ao seu fundador e un dos pais da Constitución Española.

O independentismo galego debería preocuparse máis en loitar fronte aos agravios do Goberno de Sánchez e menos en axudalo con este tipo de cortinas de fume.

Cómpre lembrar que a Mesa do Senado xa rexeitou o 21 de marzo de 2023 unha petición similar, xustificando que Fraga «foi relator da Constitución de 1978» na súa condición de deputado, presidente da Xunta de Galicia e senador.

Comparte éste artículo
No hay comentarios