O PP de Lourenzá denuncia un uso partidista do Plan Camiña Rural 2025/2026 por parte da alcaldesa

  • Os concelleiros populares explican que “segundo a información da que dispoñemos, o goberno local decidiu actuar nunha pista de monte situada en Sopena-Villapol que unicamente dá servizo a dúas vivendas. Casualidade ou non, o inicio da actuación sitúase na contorna da casa e nave do tenente de alcalde, Javier Huertas, e remata nas proximidades do domicilio habitual da alcaldesa”
  • Desde o Grupo Municipal Popular “non podemos permanecer en silencio ante unha decisión que consideramos claramente partidista e allea ás verdadeiras prioridades do conxunto da veciñanza, polo que reclamamos transparencia, criterios obxectivos na planificación dos investimentos e un uso responsable dos recursos públicos en beneficio de todo o concello, e non duns poucos”
Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios