Antonio Ameijide denuncia que dende que se coñeceron estes presuntos feitos, PSOE e BNG puxeron todos os medios da Deputación orientados a normalizar o que é unha situación extraordinaria, unha situación pola que ninguén deu explicacións, e ademais premiaron a Tomé cunha suba salarial.
O Partido Popular esixe “coherencia” a PSOE e BNG despois de que Fiscalía se querelase contra José Tomé tras presentarse unha denuncia “por un presunto delito de acoso sexual e abuso no exercicio da función pública”.
Antonio Ameijide esixe tanto a socialistas como nacionalistas que “deixen de amparar de inmediato” a José Tomé “e que suspendan todos os acordos que teñen con Tomé, tanto na Deputación como no Concello de Monforte, onde o manteñen na alcaldía”.
“A realidade é que PSOE e BNG levan dende o 10 de decembro do ano pasado poñendo todos os medios da Deputación orientados a normalizar unha situación totalmente anormal e agora teñen que explicar se van a seguir amparando a esta persoa”, sinalou.
Ameijide explica que “seguimos a defender a presunción de inocencia, pero tamén é certo que Fiscalía explica agora que os feitos poderían estar suficientementedeterminados e posúen indicios fundados de criminalidade para exercer de forma inmediata a acción penal, mediante a apertura dunhas dilixencias de investigación preprocesal.
O PSOE debe de aplicar «a mesma vara de medir que esixen aos demais», porque “a realidade que vemos todos os lucenses é que despois de coñecerse estes presuntos feitos o que fixeron dende PSOE e BNG foi subir o salario de Tomé,amparando que se puxera o soldo máximo por lei en Monforte e dándolle más de 30.000€ extra ao ano dende a Deputación”.
Antonio Ameijide afirma que «os feitos denunciados son dunha gravidade extrema, falamos dunha presunta utilización do cargo público para cometer presuntosabusos”. “A Deputación de Lugo non pode seguir baixo a sombra da sospeita pola xestión de quen a dirixiu ata hai apenas dous meses», lamentou.
EXPLICACIÓNS DA CÚPULA SOCIALISTAS GALEGA
Antonio Ameijide tamén insta a José Ramón Gómez Besteiro e Lara Méndez a explicar as decisións tomadas polo seu partido xa que “a nivel galego ampararon todas as decisións que premiaron a Tomé cunha suba salarial e coa presidencia da Deputación na sombra”.
«Lugo e as súas institucións merecen limpeza e dignidade. Non cabe o silencio cómplice cando a xustiza sinala indicios de criminalidade tan graves no contorno do poder provincial».
QUE VAI FACER O BNG?
Dende o PP reclaman tamén ao BNG que deixe de mirar a outro lado: “seguen sendo os cómplices de toda esta situación, non sabemos con que cara van a mirar Ana Pontón, Efrén Castro e todos os representantes do Bloque ás mulleres tras vender o feminismo polas súas dedicacións exclusivas”.