A XII edición da FIRST LEGO League Galicia reúne este sábado 14 de marzo a máis de 450 mozos e mozas no Campus Industrial de Ferrol

As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón Municipal de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol.

A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo segunda edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 14 de marzo, entre as 09:00 e as 19:00 horas, no Campus Industrial de Ferrol. Nesta ocasión, participan un total de 53 equipos (32 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 450 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia

Como xa ven sendo habitual, as presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación do campus ferrolán mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón Municipal de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, a partires das 17:00 horas, no Auditorio de Ferrol, situado no barrio de Caranza. 

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) promoven, un ano máis, unha iniciativa na que colaboran a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social – dependente da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración -, a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia o Grupo Gabadi, a través da Cátedra Gabadi UDC Avelino Llago, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadisa, Neodyn, ERROR! Ferrol, PuntoGal e TodoOcio Narón. 

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación. 

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada equipo achégase á temática anual deseñando e construíndo un robot que sexa quen de resolver os retos propostos. Ademais, a rapazada participante terá que investigar sobre esa temática e realizar un Proxecto de Innovación que propoña unha solución a un problema real. Os equipos documentarán o seu traballo e compartirán os seus achados. Ao longo da experiencia, cada un dos mozos e mozas deberá defender os Core Valuesfundamentais da FLL: o descubrimento, o traballo en equipo, a inclusión, o impacto, a diversión, a innovación e o gracious professionalism

O desafío deste ano leva o nome de UNEARTHED e está inspirado no fascinante mundo da arqueoloxía. Nesta tempada, os e as participantes terán a oportunidade de explorar como os descubrimentos do pasado nos poden axudar a deseñar un futuro mellor. Deste xeito, os equipos terán que investigar sobre temas históricos desenterrando misterios do pasado mentres deseñan as tecnoloxías do futuro.

Os tres equipos que gañen a FIRST LEGO League Galicia participarán na GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League, o vindeiro 11 de abril, en Burgos.

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge (de 10 a 16 anos)

EquipoNomeColexio
1Los PentágonoAlgorithmics Vigo (Vigo, Pontevedra)
2PEÑAVERAAsociación Peñavera (Oviedo, Asturias)
3NATURALAXECEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol, A Coruña) 
4Montecastelo Little BotColexio de Fomento Montecastelo(Vigo, Pontevedra)
5PEÑA BOTSColexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
6LegoLarColexio Lar (Mos, Pontevedra)
7SafeBotsColexio de Fomento Montespiño(Culleredo, A Coruña)
8Guillelme BrownColexio Plurilingüe Guillelme Brown(Pereiro de Aguiar, Ourense)
9Las Acacias BoosterColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
10Las Acacias BOTColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
11LegotrónicasColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
12STEM GIRLS Las AcaciasColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
13LEGO JonesColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
14Mont BOTColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
15Montecastelo BOTColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
163L3CTRIKGazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
17H4CKZ4POSGazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
18R4PZ4POSGazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
19CTRL+TIES As Telleiras (Narón, A Coruña)
20Brain BuildersIES Llanes (Llanes, Asturias)
21Llanes InnovationsIES Llanes (Llanes, Asturias)
22ArqueOrtIES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)
23LEGOCITOSIES Moncho Valcarce (As Pontes, A Coruña)
24Equipo CarvalhoIES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, A Coruña)
25MAKER VISION LABe-makers Lab (Narón, A Coruña)
26MEGA BUILDER TEAMMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
27MEGA LEGO POBRAMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
28MEGA RIBEIRA SUPER LEGOMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
29ROBOT CITY POBRAMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
30Kraken GirlsTeam Kraken Robótica (Avilés, Asturias)
31TEAM KRAKENTeam Kraken Robótica (Avilés, Asturias)
32Terra ExplorersIES Terra de Trasancos (Narón, A Coruña)
Comparte éste artículo
No hay comentarios