A UDC acolle #IAEducativaDay3, evento centrado na intelixencia artificial aplicada á educación

Celebrarase o próximo 8 de maio na Facultade de Ciencias da Educación e contará con máis de 30 relatores e coa asistencia de 350 docentes de diversos países.

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acollerá o próximo venres, día 8 de maio, a terceira edición do evento #IAEducativaDay3, un encontro destinado a docentes que contará cun programa centrado na intelixencia artificial aplicada á educación.

Esta xornada, organizada pola Asociación INTEDUA en colaboración coa UDC, a Xunta de Galicia e outras institucións e empresas relacionadas co ámbito educativo, preséntase como unha proposta de valor que reunirá a 350 docentes procedentes de diversos países co obxetivo de compartir, explorar, reflexionar e profundizar en como a IA está transformando a educación e aprendizaxe nas nosas comunidades. 

Durante a xornada, na que participarán referentes internacionais do ámbito educativo, poderase disfrutar de paneis de expertos internacionais, conferencias de alto valor, debates de actualidade, obradoiros, mesas redonda e a grabación dun episodio de podcast en directo e unha sala 100% on linepara amosar exemplos e boas prácticas da IA, con sentido pedagóxico e con ética en diferentes institucións. 

Un dos aspectos máis destacados da convocatoria é a súa orientación á transferencia real na aula e para os centros. A proposta destaca a importancia de visibilizar iniciativas que acheguen valor educativo, aplicabilidade e coherencia metodolóxica. 

Nese sentido, a xornada está aliñada coa visión de que a IA non se entende como un fin en si mesmo, senó como unha oportunidade de repensar estratexias docentes, enriquecer a aprendizaxe e fortalecer a competencia profesional do profesorado.

Comparte éste artículo
No hay comentarios