O Senado debaterá unha moción do PP na que se insta ao Goberno de Sánchez a executar a autovía A-56 e completar a rehabilitación integral da N-540

Balseiro defenderá esta proposta ante “a falta de avances na autovía” e as “dúbidas que xera o Goberno de Sánchez nas súas respostas oficiais sobre o seu compromiso con esta infraestrutura ao condicionala a un novo estudo integral ou referíndose a ela como corredor”.

O Senado debaterá este luns unha iniciativa do Grupo Popular presentada polos senadores da provincia de Lugo José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano para instar ao Goberno de Sánchez a executar a autovía A-56 entre Lugo e Ourense e completar con carácter de urxencia a mellora integral e completa da N-540, tamén de competencia estatal.

Balseiro defenderá esta proposta “ante a falta de avances” na A-56, a autovía Lugo-Ourense, despois de anos coa tramitación paralizada e “cun único tramo en servizo herdado de Gobernos anteriores”, e “as dúbidas sobre o compromiso real do Goberno de Sánchez que xeran as súas respostas oficiais con respecto a esta infraestrutura clave para a vertebración do centro de Galicia ao condicionala a un novo estudo integral ou referíndose a ela como corredor”.

O senador lucense tamén advirte do “lamentable estado no que se atopa o itinerario alternativo, a N-540” que xera “numerosas queixas entre os condutores e, incluso, accidentes polos innumerables baches e un firme moi deteriorado”. Así, avanza que “só aceptarán a rehabilitación integral da N-540 anunciada polo Goberno de Sánchez no 2024” pois os rebacheos por tramos non solucionan o “lamentable estado” dunha vía que presenta unha alta “perigosidade” como recoñece o propio Ministerio coa colocación de sinalización de advertencia.

O seu mal estado é tan “alarmante” que se suceden as mobilizacións veciñais para esixir o seu arranxo e garantir a seguridade dos usuarios. A última desenvolveuse este mesmo sábado entre Chantada e A Barrela en forma de marcha lenta para protestar pola falta de solucións nunha estrada nacional que é a principal vía de comunicación na zona.

PROPOSTA DO GRUPO POPULAR

1º- Manter e executar o proxecto da A-56 entre Lugo e Ourense como unha autovía de altas capacidades, descartando calquera modificación a outra vía de menor capacidade que prexudique a vertebración e a seguridade da zona.

2º.- Presentar no prazo máximo dun mes, por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, un cronograma detallado dos trámites administrativos,

orzamentarios e de obra para a execución de todos os tramos pendentes da A-56, con compromisos temporais e cuantificados.

3º.- De forma paralela, e con carácter de urxencia, completar de forma urxente, e no prazo máximo de seis meses, a rehabilitación e mellora integral e completa do firme da estrada N-540, que constitúe actualmente a conexión principal entre Lugo e Ourense e presenta problemas de seguridade e funcionalidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios