A voceira municipal, Elena Candia, solicitou ao goberno local que amplíe o prazo para a presentación de alegacións ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) co obxectivo de garantir que os lucenses poidan analizar “con tempo e rigor” un documento que terá un impacto directo no día a día da cidade. O que solicitamos é unha prórroga de 10 días hábiles que é o que contempla a normativa para facilitar a análise do documento e dar participación real á veciñanza”.
Nas últimas semanas o Grupo Popular desenvolveu unha campaña informativa nos barrios e con distintos colectivos sociais e profesionais para explicar o contido do plan e resolver dúbidas. “Nas SETE REUNIÓNS realizadas estamos comprobando que existe un grande interese por coñecer os cambios que se propoñen e tamén moitas preocupacións e tamén moito malestar sobre as consecuencias que poden ter na mobilidade, no comercio ou na vida diariada veciñanza”, sinalou.
A portavoz popular indicou que o PMUS é un documento técnico extenso e complexo, que introduce cambios importantes na circulación, no transporte público, no aparcamento e na organización do espazo urbano. Por este motivo considera que o prazo actual resulta insuficiente para que cidadáns, asociacións e sectores afectados poidan estudalo con detalle e formular as súas achegas. “
Un exemplo claro das incoherencias deste plan é a proposta de peonalizar a rúa Doutor Ochoa, que é unha das entradas principais ao barrio da Residencia e acceso ao PAC. Non se pode aplicar unha peonalización de forma automática cando afecta a un punto de atención sanitaria urxente. Aquí non hai nin xustificación nin unha avaliación clara de alternativas que garantan a rapidez na chegada dos servizos de emerxencia. Por iso pensamos que esta proposta debe revisarse con sentido común
O Grupo Popular continuará coa súa campaña informativa nos barrios para explicar o contido do plan e recoller achegas da veciñanza. Hoxe manterán unha reunión na zona de San Roque e a súa contorna ás 20:30 horas na pizzería Bocalino, e mañá celebrarán un encontro sectorial con representantes dos servizos de emerxencias.