Formoso destaca que se trata “dun apoio clave para garantir servizos sociais próximos e de calidade en todos os concellos”.
O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a financiar e fortalecer os servizos sociais municipais. Este ano, o programa contará cun orzamento de 8 millóns de euros, o que supón un incremento do 14,3% respecto aos 7 millóns do pasado exercicio.
Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “o POS+Social é un apoio clave para que os concellos poidan garantir servizos sociais próximos e de calidade, que chegan directamente ás persoas que máis o precisan, especialmente maiores, persoas dependentes ou familias en situación de vulnerabilidade”.
A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais, así como investimentos en infraestruturas e equipamentos sociais que melloren a atención á cidadanía.
Un programa consolidado e en crecemento
O POS+Social naceu no ano 2020 como resposta ao incremento das necesidades sociais dos concellos durante a pandemia e, desde entón, consolidouse como unha das liñas máis importantes do Plan Único. Co incremento deste ano, a Deputación reforza a capacidade dos concellos para prestar servizos esenciais e dar resposta a unha demanda social crecente.
Desde a súa creación, a institución provincial leva investidos preto de 54 millóns de euros nesta liña, contribuíndo a fortalecer a rede pública de servizos sociais nos municipios, especialmente nos de menor tamaño, que son os que teñen maiores dificultades para prestar os servizos sociais debido a escasez de recursos económicos e á dispersión e envellecemento da poboación.
Reparto territorial
O orzamento distribúese entre os concellos da provincia seguindo os mesmos criterios obxectivos do Plan Único: poboación, superficie, dispersión territorial, etc. A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente no ámbito social (salarios, horas de servizo de axudano fogar…), o que permite financiar servizos esenciais do día a día que melloran directamente a calidade de vida da veciñanza.
O POS+Social forma parte do modelo de cooperación municipal da Deputación da Coruña, baseado na autonomía local e na igualdade de acceso aos servizos públicos. Neste sentido, Formoso subliñou que “apostamos por unha política social útil, próxima e centrada nas persoas, que permita aos concellos responder con eficacia ás necesidades reais da súa veciñanza”.
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, subliñou que “o POS+Social demostrou ser unha ferramenta moi útil para dar estabilidade aos servizos sociais municipais, permitindo aos concellos planificar e manter programas que son esenciais no día a día, desde o SAF ata a atención a familias ou a conciliación. O incrementodeste ano supón máis recursos para reforzar equipos, ampliar servizos e chegar a máis persoas”
O POS+Social súmase a outras liñas de axuda que a Deputación da Coruña destina a reforzar os servizos sociais dos concellos da provincia, como o Plan de Servizos Sociais Comunitarios, cun investimento que este ano alcanza os 9 millóns de euros e que permite financiar 378.000 horas do servizo de axuda no fogar e contratar a 177 profesionais espcialistas no ámbito social nos concellos. Estes apoios da Deputación permiten consolidar unha rede de servizos sociais municipais máis forte, máis coordinada e con maior capacidade de resposta ante as necesidades da cidadanía.
| Comarca A Coruña | POS+ SOCIAL 2026 | POS+ SOCIAL 2017-2026 |
| Abegondo | 89.290,91 | 589.349,39 |
| Aranga | 69.719,18 | 470.457,25 |
| Arteixo | 198.093,56 | 1.309.664,78 |
| Bergondo | 66.338,55 | 431.038,55 |
| Betanzos | 80.775,73 | 536.757,63 |
| Cambre | 138.584,63 | 927.663,52 |
| Carral | 66.327,18 | 438.928,80 |
| Coirós | 39.864,82 | 267.287,50 |
| Coruña (A) | 33.788,92 | 246.174,95 |
| Culleredo | 169.244,29 | 1.131.548,33 |
| Curtis | 76.044,76 | 506.260,61 |
| Irixoa | 50.088,87 | 335.316,23 |
| Mesía | 74.467,76 | 500.562,95 |
| Miño | 64.139,98 | 412.733,21 |
| Oleiros | 188.938,32 | 1.232.812,77 |
| Oza-Cesuras | 125.542,75 | 845.577,57 |
| Paderne | 47.189,95 | 314.475,38 |
| Sada | 99.291,11 | 645.121,60 |
| Sobrado | 75.592,87 | 506.415,84 |
| Vilarmaior | 34.933,11 | 233.174,32 |
| Vilasantar | 46.340,80 | 319.540,14 |
| Total | 1.834.598,05 | 12.200.861,32 |
| Comarca de Santiago | POS+ Social 2026 | POS+ Social 2017-2026 |
| Ames | 182.181,57 | 1.206.296,88 |
| Arzúa | 119.713,30 | 806.554,73 |
| Baña (A) | 77.670,93 | 527.953,00 |
| Boimorto | 65.155,97 | 441.324,38 |
| Boqueixón | 72.038,33 | 485.911,53 |
| Brión | 82.169,64 | 546.782,22 |
| Dodro | 37.589,28 | 254.147,60 |
| Frades | 63.842,44 | 435.683,20 |
| Melide | 113.504,49 | 753.899,88 |
| Negreira | 101.658,38 | 682.314,92 |
| Ordes | 134.899,04 | 901.218,59 |
| Oroso | 82.711,77 | 553.523,40 |
| Padrón | 68.922,37 | 470.405,21 |
| Pino (O) | 93.778,69 | 637.535,70 |
| Rois | 77.183,87 | 523.597,01 |
| Santa Comba | 142.016,36 | 971.800,88 |
| Santiago de Compostela | 142.922,19 | 1.054.690,10 |
| Santiso | 63.925,04 | 430.324,88 |
| Teo | 131.216,47 | 872.835,15 |
| Toques | 57.235,13 | 382.858,10 |
| Tordoia | 80.676,66 | 544.947,37 |
| Touro | 90.494,44 | 609.048,45 |
| Trazo | 73.277,05 | 492.408,89 |
| Val do Dubra | 79.863,82 | 537.643,61 |
| Vedra | 65.880,14 | 443.956,83 |
| Total | 2.300.527,37 | 15.567.662,51 |
| Comarca de Bergantiños | POS+ SOCIAL 2026 | POS+ SOCIAL 2017-2026 |
| Cabana de Bergantiños | 76.220,66 | 515.117,62 |
| Camariñas | 56.670,86 | 382.300,83 |
| Carballo | 224.205,70 | 1.502.596,64 |
| Cee | 71.135,54 | 472.941,11 |
| Cerceda | 81.414,48 | 562.465,51 |
| Corcubión | 23.339,78 | 156.681,55 |
| Coristanco | 103.331,83 | 708.049,45 |
| Dumbría | 78.306,98 | 534.979,16 |
| Fisterra | 45.141,47 | 302.875,93 |
| Laracha (A) | 118.354,15 | 790.780,16 |
| Laxe | 44.930,92 | 300.595,62 |
| Malpica de Bergantiños | 64.535,63 | 437.241,91 |
| Muxía | 90.866,40 | 611.780,00 |
| Ponteceso | 84.122,83 | 422.424,29 |
| Vimianzo | 127.167,46 | 836.462,88 |
| Zas | 96.695,09 | 659.239,52 |
| Total | 1.386.439,78 | 9.196.532,18 |
| Comarca de Ferrol | POS+ SOCIAL 2026 | POS+ SOCIAL 2017-2026 |
| Ares | 48.078,95 | 319.929,27 |
| Cabanas | 46.872,86 | 308.935,60 |
| Capela (A) | 41.602,35 | 276.100,38 |
| Cariño | 49.138,45 | 335.047,40 |
| Cedeira | 77.633,41 | 524.239,45 |
| Cerdido | 37.926,24 | 251.868,93 |
| Fene | 81.471,68 | 555.472,99 |
| Ferrol | 64.877,84 | 495.528,91 |
| Mañón | 53.630,21 | 364.764,68 |
| Moeche | 40.433,07 | 273.124,68 |
| Monfero | 89.369,07 | 558.915,66 |
| Mugardos | 33.357,70 | 301.537,32 |
| Narón | 198.594,25 | 1.328.942,82 |
| Neda | 44.416,57 | 304.961,33 |
| Ortigueira | 136.604,87 | 926.280,90 |
| Pontedeume | 63.430,32 | 424.926,69 |
| Pontes de García Rodríguez (As) | 162.792,62 | 1.116.148,25 |
| San Sadurniño | 66.920,97 | 452.827,42 |
| Somozas (As) | 53.202,51 | 364.859,07 |
| Valdoviño | 80.147,92 | 534.130,11 |
| Total | 1.470.501,86 | 10.018.541,86 |
| Comarca Barbanza | POS+ SOCIAL 2026 | POS+ SOCIAL 2017-2026 |
| Boiro | 127.548,75 | 852.806,55 |
| Carnota | 58.951,56 | 398.369,34 |
| Lousame | 66.509,06 | 445.384,81 |
| Mazaricos | 108.785,60 | 739.237,36 |
| Muros | 80.319,09 | 542.623,47 |
| Noia | 86.993,31 | 585.175,29 |
| Outes | 83.159,48 | 565.126,40 |
| Pobra do Caramiñal (A) | 64.965,22 | 440.301,85 |
| Porto do Son | 94.616,90 | 634.326,33 |
| Rianxo | 82.456,46 | 558.528,37 |
| Ribeira | 153.627,51 | 1.026.192,87 |
| Total | 1.007.932,94 | 6.788.072,64 |
| Comarcas | POS + SOCIAL 2026 | TOTAL POS+ SOCIAL (2017-2026) |
| A Coruña | 1.834.598,05 | 12.200.861,32 |
| Santiago | 2.300.527,37 | 15.567.662,51 |
| Bergantiños | 1.386.439,78 | 9.196.532,18 |
| Ferrol | 1.470.501,86 | 10.018.541,86 |
| Barbanza | 1.007.932,94 | 6.788.072,64 |
| Total | 8.000.000,00 | 53.771.670,51 |