Presentación do libro “Diarios” de Syra Alonso

Nova edición actualizada e ampliada con material inédito (textos e imaxes) e onde participan tres especialistas na autora: Carme Vidal, Anxos Sumai e, dende México, Conrado J. Arranz

VERÁN 2025.-

A voz de Syra Alonso (A Coruña, 1899-México, 1970) emerxe dende o silencio do exilio paracontar unha das crónicas máis impactantes da Guerra Civil española. Estes Diarios (1935 e 1946) (Alvarellos Editora) que agora regresan en nova edición e con material inédito, relatan o terror vivido en Galicia e a loita desesperada de Syra por salvar ao seu marido, o pintor Francisco Miguel (A Coruña, 1897-Bértoa, Carballo, 1936), durante as horas máis tristes da súa vida. Un documento imprescindible que mostra o horror do franquismo e a forza da resistencia persoal.

A presente edición dos Diarios de Syra Alonso actualiza e amplía, con diverso material inédito, o volume publicado no ano 2000 cando foran descubertos os manuscritos. Conta coa participación de varias especialistas na autora: un estudo introdutorio actualizado da ensaísta e xornalista Carme Vidal, a tradución ao galego a cargo de Anxos Sumai García, o epílogo asinado polo profesor e investigador mexicano Conrado J. Arranz Mínguez, que descobre a faceta creativa e de narradora de ficción de Syra Alonso, y aporta un conto descoñecido da autora, titulado “Tres homiños” ambientado na Galicia daqueles días terribles.

A actual edición aporta así mesmo 16 páxinas de fotografías e documentos inéditos ou moi pouco difundidos da autora e do pintor.

Syra Alonso é unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista. O 3 de agosto de 1936, o seu home, Francisco Miguel, era detido polos sublevados e, vinte e seis días despois, aparecía o seu corpo sen vida, xunto con outras tres persoas, todos cruelmente asasinados.

Os outros eran Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete. Serían enterrados en Bértoa, Carballo. Os seus restos non serían identificados ata setembro de 2023, cando foron exhumados pola ARMH. A partir daquel tráxico acontecemento, Syra iniciaría a escrita das súas memorias, uns Diarios que non verán a luz ata o ano 2000.

Presentación do libro “Diarios” de Syra Alonso

MÉRCORES  8 DE ABRIL OURENSE

19,30 h  Liceo de Ourense, Sala de tertulias

Rúa Lamas Carvajal 5,  Ourense

Intervención do escritor Francisco Fernandez Naval

Presentan o acto:

David  Simón Lorda,  Amigos da República

Carmen Rodeja, ARMH

Comparte éste artículo
No hay comentarios