O PP de Foz advirte da “indignación” dos veciños da rúa Jesús Nazareno polos “paróns” da obra

Castiñeira explica que “hai xente maior que está sufrindo as obras máis tempo do que deberían” nunha rúa con bastante tráfico e importante para a mobilidade de Foz que “é un auténtico caos entre as obras interminables e os cambios de sentido do tráfico”.

O Partido Popular de Foz denuncia unha vez máis a nula xestión das obras do Concello porque, “como todos sabemos, hai grandísimos problemas para cumprir os prazos nas obras urbanas”. 

O portavoz, Javier Castiñeira, explica que “o claro exemplo foi máis de 2 anos de atraso na obra das Casas Baratas e todo parece que isto se vai repetir en obras coma a da rúa Jesus Nazareno, unha obra que nunha rúa que está cortada, que está a punto de rematarse porque só ten que asfaltarse, aglomerarse. Pero non se aglomera e non sabemos os motivos”, incide.

O popular condena que “o alcalde sexa compracente coa empresa que ten obriga de asfaltar e rematar esta obra cando antes, despois de ampliar xa nunha ocasión o prazo de entrega”.

Castiñeira explica que “hai xente maior que está sufrindo as obras máis tempo do que deberían nunha rúa con bastante tráfico e importante para a mobilidade en Foz que xa é complexa de por si; despois de que o señor Cajoto lle dera por cambiar os sentidos de gran parte das rúas da localidade. Entre as obras interminables e os cambios de sentido, iso é un auténtico caos”.

“Pedímoslle ao señor Cajoto que canto antes inste á empresa a rematar esa obra na rúa Jesús Nazareno e, sobre todo, que cambie o chip: que pense máis nos veciños e que sexa menos permisivo coas empresas contratistas que parece que son as que marcan os tempos das obras no Concello de Foz”, conclúe.

Comparte éste artículo
No hay comentarios