Ameijide, sobre o prezo das prazas: «esta residencia non aparece en ningún puntos das ordenanzas recentemente aprobadas na Deputación, pero entendemos que se aplicaría a nova ordenanza de prezos, así que lle Terán que explicar aos veciños que les van a subir un 60% o viste das prazas con respecto ao que lles prometeron, 1.790€ para unha persoa válida e 2.200€ para unha persoa dependente”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntan polo «inxustificado» atraso na posta en marcha da residencia de A Pobra do Brollón, residencia practicamente rematada segundo comprobaron os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández, ademais do voceiro na Pobra do Brollón, Teddy López.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, sinala que «vemos a parálise dunha residencia provincial que os veciños de A Pobra do Brollón levan demasiado tempo agardando», sinalou Ameijide, recordando como tiveron que realizarse varias licitacións ata poder comezar as obras de construción, “agora vémola case rematada pero seguimos sen coñecer data de apertura”
O voceiro popular fixo patente o malestar da veciñanza ante o que consideran unha falta de planificación e transparencia por parte do goberno de PSOE e BNGna Deputación de Lugo, que “seguen demostrando como empregan as residencias como arma política en lugar de destinalas ao seu fin, atender aos maiores”.
Antonio Ameijide amosou a súa preocupación pola falta de data para rematar definitivamente todos os trámites e cando vai a poder usarse a residencia, así como “por que PSOE e BNG non aclaran os motivos da demora a apertura se as obras xa están concluídas”.
O voceiro popular amosouse especialmente crítico co prezo que terán as prazas da residencia. «Non sabemos cal vai a ser exactamente porque na nova ordenanza de prezos que aprobaron non aparece esta residencia, pero moito nos tememos que van aplicar os novos prezos para a rede provincial, 1.790€ para unha persoa válida e 2.200€ para unha persoa dependente”.
Neste senso, Ameijide confirmou que “estes prezos son prohibitivos e inasumibles nunha zona como A Pobra do Brollón, onde a renda per cápita e a pensión media non chegan, en moitos casos, nin para cubrir a metade do custo dunha praza nesas condicións».
Desde o Grupo Provincial Popular instan ao BNG e ao PSOE a que «dean explicacións inmediatas» e deixen de xogar coas expectativas dos maiores do municipio. «Pedimos que a residencia se abra canto antes e con prezos xustos e adaptados á realidade socioeconómica da nosa provincia», concluíu.