O PP de Lugo pregunta se o incumprimento do compromiso de facer os hortos urbanos xunto ao Impulso Verde pón en risco os fondos europeos

O Grupo Municipal do Partido Popular pedirá explicacións ao goberno local sobre a situación dos hortos urbanos anunciados no ano 2021 no entorno do chamado barrio multi-ecolóxico, xunto ao edificio Impulso Verde


Os populares lembran que este proxecto foi presentado como parte dunha actuación máis ampla, cun investimento de case 800.000 euros vinculados a fondos europeos, e que incluía unha finalidade terapéutica e didáctica.


Sen embargo, a día de hoxe, “a realidade é que non hai ningún avance visible nin información clara sobre se esta actuación segue en pé ou cal vai ser o destino dos fondos comprometidos”, sinala


Dende o Partido Popular insisten en que “nunca consideramos prioritario este proxecto”, pero subliñan que “unha vez anunciado e comprometido con financiamento europeo, o Goberno local ten a obriga de explicar que vai facer”. E, no caso de non executarse, queren saber consecuencias terá.


Para o PP, “a situación pon enriba da mesa dúas cuestións: o uso responsable dos recursos públicos e a credibilidade das administracións”.

“Ou se cumpre o comprometido, ou se confirma que Lugo segue sen rumbo e sen un modelo claro de cidade”, conclúen.


Por último, dende o Grupo Popular reclaman “máis rigor na planificación municipal”, lembrando que “xestionar ben tamén é fixar prioridades e non xerar expectativas que despois quedan en nada”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios