Das entidades beneficiarias, 36 son asociacións de veciños e, as tres restantes, asociacións de mulleres rurais.
A Deputación da Coruña vén de publicar no BOP a concesión provisional das axudas do programa destinado a entidades sen fins de lucro para investimentos de promoción económica durante este ano 2026. A partida total, sumando as concesións directas e as condicionadas a emendas, alcanza os 199.825,84 euros, dos que se beneficiarán un total de 39 asociacións de veciños e de mulleres rurais de diversos concellos da provincia.
Esta liña de axudas busca fortalecer o tecido asociativo veciñal facilitando que as asociacións de veciños e de mulleres rurais poidan afrontar gastos como as obras de mellora en locais, a reparación de cubertas, a mellora da accesibilidade ou a modernización tecnolóxica destas entidades.
A deputada de Medio Rural, Cristina Capelán, explicou que “no rural, cando unha asociación veciñal funciona, organízanse actividades e a xente segue tendo un punto de encontro. Estes investimentos axudan a que iso continúe, a que os locais estean en condicións e a que a vida diaria das parroquias non se vaia apagando”.
A deputada sinalou tamén que “as asociacións veciñais e de mulleres levan anos sostendo boa parte da actividade social no rural, organizando iniciativas e implicando á xente. Apoialas é clave para manter vivo o noso rural”, afirmou.
Listaxe de entidades e contías asignadas
• A.VV. Santa María de Figueiras Nova Xeira: 3.276,00 €
• A.VV. A Magdalena: 4.000,00 €
• A.VV. Barcarola de Catro Camiños: 1.000,00 €
• A.VV. Campo da Rula Sendelle-Boimorto: 1.584,00 €
• A.VV. Casoliño Sta. María-Xaviña-Camariñas: 8.500,00 €
• A.VV. Coto da Nai San Martiño de Arins: 2.859,08 €
• A.VV. Fonte de Fornelos: 2.844,95 €
• A.VV. Parroquia Marrozos D. Fco. Gcia. Veiro: 7.279,38 €
• A.VV. Pasarela: 8.500,00 €
• A.VV. Río Lenguelle de Parada: 8.500,00 €
• A.VV. San Cosme de Oleiros: 1.906,18 €
• A.VV. San Mamed de Monte o Outeiro: 2.340,59 €
• A.VV. San Salvador de Padreiro: 8.500,00 €
• A.VV. San Salvador de Vións: 2.312,75 €
• A.VV. Sandra Prego Rial: 1.101,60 €
• A.VV. Santa María de Vilachá: 1.083,37 €
• A.VV. Santa Sabiña: 5.100,00 €
• Asoc. de Veciños de San Juan de Anceis: 1.000,00 €
• Asoc. de Veciños San Xens de Entrecruces: 1.368,00 €
• Asoc. Veciñal Xuvenil e Cultural de Arceo: 1.332,00 €
• Asociación de Veciños Río Maruzo de Moar: 1.480,50 €
• Asociación de Veciños Río Samo: 8.500,00 €
• Asociación de Veciños San Pedro: 3.095,37 €
• Asociación de Veciños Valle de San Juan de Esmelle: 7.840,80 €
• Asociación de Veciños Zezar: 2.475,00 €
• Asociación de Veciños de Araño: 3.240,00 €
• Asociación de Veciños de Monzo: 1.000,00 €
• Asociación de Veciños de Saviña Santa María: 11.000,00 €
• Asociación de Veciños Teleclub de Liñaio: 4.124,88 €
• Asociación Parroquial de Veciños San Xorxe de Vilarmaior: 2.424,96 €
• Asociación Vecinal e Cultural Mariano Ruiz: 5.100,00 €
• Asociación Vecinal Social e Cultural Teleclub de Buño: 12.000,00 €
• Asociación Veciñal Cultural e Xuvenil Nosa Señora do Viso: 3.924,00 €
• Asociación Veciñal Deportiva Cultural e Recreativa de Castro e Laxe: 3.960,00 €
• Sociedad Cementerio de Cabañas: 5.100,00 €
• Asociación de Mulleres Cabanas Rural: 2.318,36 €
• Asoc. Cultural de Mulleres Rurais de Xesteda (Condicionada): 25.600,00 €
• Asoc. de Mulleres Rurais A Xungueira das Encrobas (Condicionada): 9.598,92 €
• A.VV. Campeiras (Condicionada): 12.655,15 €
• TOTAL AXUDAS PROPOSTAS: 199.825,84 €