A Deputación de Lugo presenta na poxa da Fonsagrada 3 xovencas da Granxa Gayoso

O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde fonsagradino asistiu ao mediodía á cita, na que os animais das instalacións provinciais se venderon a un prezo medio de 3.200.

O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, asistiu este sábado á poxa de xovencas celebrada no recinto feiral da Fonsagrada, á que a Deputación de Lugo presentou tres animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. As reses de raza autóctona das instalacións provinciais vendéronse a un prezo medio de 3.200€.

Xunto ao Deputado e Rexedor, acudiu o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades. 

A Granxa Gayoso Castro é un referente da actividade agrogandeira na provincia de Lugo a través da formación e a investigación que impulsa a Deputación de Lugo da man da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As instalacións provinciais, situadas en Castro de Rei, acollen unha importante labor de apoio á recría de Rubia Galega en colaboración con ACRUGA e co primeiro centro de iniciativa pública creado en España para a recría de gando vacún de leite.

Comparte éste artículo
No hay comentarios