A Área de Cultura da Deputación da Coruña organiza un ciclo de actividades co gallo con motivo do Día da Danza, baixo o título ‘Facermos do corpo un poema’, que percorrerá tres concellos da provincia entre o 27 e o 29 de abril. As propostas terán lugar en espazos culturais municipais e buscan achegar a danza á cidadanía a través de accións abertas ao público.
‘Facermos do corpo un poema’ é unha proposta que xunta dous espectáculos de danza e unha charla coloquio á finalización, a cargo da escritora María Lado.
O ciclo comezará o luns 27 de abril, ás 12:00 horas, no Porto do Son (Casa da Cultura). Continuará o 28, ás 12:30 horas, en Sada (Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’), e rematará o mércores 29, ás 12 horas, na Casa da Cultura de Arzúa.
O Día Internacional da Danza conmemórase cada 29 de abril desde 1982. A iniciativa da Deputación da Coruña inscríbese na programación cultural da institución, que aposta por poñer en valor a danza como linguaxe artística e ferramenta de expresión, ao tempo que promove o acceso á cultura en diferentes puntos do territorio.