O Concello de Noia mellora o firme da rúa Pontevedra cun investimento de 30.000 euros

Concello de Noia vén de iniciar os traballos de mellora do firme na rúa Pontevedra, unha actuación que conta cun investimento total de 30.000 euros e que será executada pola empresa local Pavimentos Noia SL.

Esta intervención ten como obxectivo principal renovar o pavimento existentemellorar a seguridade viaria e optimizar a accesibilidade para a veciñanza. Ademais da renovación do firme, o proxecto inclúe a mellora das beirarrúas, contribuíndo a un tránsito peonil máis cómodo e seguro.

tenente de alcalde, Manolo Seijas, destacou a importancia desta actuación dentro do plan municipal de mantemento e mellora das infraestruturas urbanas: “Seguimos apostando por intervencións que melloren a calidade de vida da cidadanía, actuando en vías que precisaban unha renovación evidente”.

Con esta obra, o Concello reafirma o seu compromiso coa posta a punto dos espazos públicos e co apoio ás empresas locais, encargadas de executar os traballos.

Os labores desenvolveranse durante os vindeiros días, polo que se solicita a colaboración da veciñanza ante posibles molestias ocasionadas polas obras.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios