Un gol anulado a Compa no treito final, logo que o cuarto árbitro chamara ao principal para que o revisara no monitor, un penalti de Montoro a Chema cuestionado polos visitantes, que errou como case sempre o Racing, e outro claro a prol do Pontevedra por unha patada na área de Chema a João Resende, que García Riesgo non pitou, foron os detalles máis importantes dun derbi que deixa ao Racing nunha situación de fracaso, loitando por un posto directo na vindeira Copa de España, e ao Pontevedra na loita pola fase de ascenso.
O Racing, nin de penalti
O partido tivo tensión, pero non ocasións, até o minuto trece. Tejera recolleu en tres cuartos, amagou o tiro para avanzar uns metros e cruzou un disparo a media altura que desviou Marqueta.
Foi o sinal para que o Racing vivira uns bos momentos, con presión, recuperación e entradas por banda,
Na segunda, que acabou en córner, Montoro impediu o remate de Chema de xeito irregular e o colexiado pitou penalti. Tejera enganou a Marqueta, pero mandou fóra a pena máxima. Cuarta errada na liga polo Racing tras cinco intentos (houbo outro máis errado na Copa).
O erro enfriou ao Racing durante uns minutos, pero volveu a ter a pelota ante a inoperancia ofensiva do Pontevedra,
Superada a media hora, Pascu quixo sorprender pola dereita cunha acción de habilidade. O seu centro xute, case sen ángulo, foi atrapado por Marqueta no primeiro pau,
A partir de aí, o Pontevedra, malia que con circulacións lentas, tivo máis a pelota e puido adiantarse nun control de Compa en tres cuartos, logo de baixar a pelota e avanzar. O atacante viu o desmarque diagonal de João Resende, pero Chema, que facía cobertura a Artetxe, derrubou ao portugués no borde da media lúa. Yelko lanzou á escuadra e Lucas voou para sacala no último instante.
O Racing mingua nun segundo tempo de final con polémica
O Pontevedra foi mellor no segundo tempo. O Racing tiña problemas cos homes de banda rivais. Diego Gómez saíu máis activo pola dereita, cunha presión máis agresiva.
No lado esquerdo, máis silenciosamente, estaba João Resende. No minuto 49, recibiu na área e, perto da liña de fondo, mentres tomaba una decisión, recibou unha entrada no calcañar de Chema, pero García Riesgo non o pitou.
Diego Gómez foi obxecto dunha dura entrada cando quería proxectarse cun movemento diagonal cara á media lúa.
O Pontevedra estivo mellor posicionado, o que lle axudou a ter máis a pelota. O Racing, sen poder ofensivo ante un rival ben organizado, quedou en evidencia. Pasou 40 minutos esperando que alguén tivera unha inspiración. Moi mal colectivamente, a pelota era un inimigo no xogo colectivo local.
Ao Pontevedra puido véselle con pouca ambición. Acabaran coa confianza dos verdes, pero non se atreveron a matar e ir polos tres puntos alén de tentar algunha contra.
Rubén Domínguez revolucionou o partido coa entrada de Luisao. O ex fabrilista creo máis expectativas na banda do que Diego Gómez. Ademais, Rubén, logo dun magnífico traballo escuro no centro, era reemprazado por Ballardo para que os granates mantiveran o osíxeno na franxa central
Non houbo ocasión até ue Artetxe, no minuto 86, puido rematar un centro de Tejera no saque dunha falta. Marqueta fíxose coa pelota estirándose por diante do pau.
A última acción polémica aconteceu no minuto 88. Un brandísimo Saúl deu opción a Luisao a tentar o roubo. Recuperou e o Pontevedra montou un ataque rápido co Racing descolocado. Primeiro, Ballardo disparou desde a media lúa sen oposición e Lucas desviou á súa dereita. Alberto Gil apañou o rebote porque Leal estaba perdido, pero viu como o cerbero racinguista rexeitaba cara ao centro. O coiro foi a Compa, que polo centro, só tapado a distancia por Artetxe, dado que ao outro central nin se lle esperaba, anotou con facilidade.
Logo da revisión, o colexiado anulou o gol por falta de Luisao a Saúl. Décimo primeiro que lle anulan aos da beira do Lérez no torneo.
Empate final que non comprace a ninguén. Ao Racing porque o afasta definitivamente dunha fase de ascenso que desde a pasada xornada só era unha alucinada hipótese para Guillermo Fernández, e ao Pontevedra, porque se sente estafado unha fin de semana máis, como se unha man negra quixera que non puidera alcanzar a fase de ascenso.
Ficha
SÁBADO 02/05/2026 (16,15) Campo: A MALATA (4.616)
RACING C. FERROL : 0 – PONTEVEDRA C.F. : 0 (0‑0)
RAC : Lucas; Leal, Artetxe, Chema (Zalaya 74’), Álvaro Ramón (Saúl 87’); Pascu (Azael 87’), Gosrostidi, Jairo (Escobar 74’), Tejera, Concha (Dacosta 67’); Álvaro. Tre. Guillermo Fernández. (Banco: Parera (g); César (g); Tenreiro; Azkune; Tavares).
PNT : Marqueta; Vidorreta, Miki Bosch, Montoro, Miguel Cuesta; Diego Gómez (Luisao 66’), Rubén (Ballardo 66’), Alain, Yelko (Alberto Gil 88’), João Resende (Abelenda 76’); Compa. Tre. Rubén Domínguez. (Banco: Edu (g); Garay; Expósito; Álex González).
Goles:
Árbitro: García Riesgo (Asturias). Auxiliares: Buergo González e Rodrigo Gonzalo. 4º árb.: Morato Vega.
Disciplina: CA: Álvaro Ramón 11’; Montoro 19’; Artetxe 44’; Rubén 61’; Yelko 68’; Chema 71’; Luisao 86’ // VD: Ramón Martínez (deleg. PNT) 89’; Adrián Abalo (2º tre. PNT) 89’.
NOTAS: 19’ Tejera lanza un penalti fóra.