O posto da Deputación ofrecerá información sobre os destinos e recursos turísticos da provincia e contará con demostracións de cestaría en vivo a cargo do artesán ferrolán Carlos Rubio.
A Deputación da Coruña estará presente os días 8, 9 e 10 de maio na 46.ª edición de Expovacaciones, a feira internacional de turismo que se celebra no Bilbao Exhibition Centre (Barakaldo). Nesta feira contará cun espazo propio para poñer en valor a riqueza paisaxística, patrimonial e gastronómica da provincia.
O posto da Deputación ofrecerá información sobre os destinos e recursos turísticos da provincia, dando a coñecer a diversidade paisaxística, cultural e patrimonial do territorio coruñés ao público asistente á feira.
Ademais, durante o evento haberá demostracións de cestaría a cargo do artesán ferrolán Carlos Rubio, unha actividade que permitirá achegar ao público visitante unha mostra do traballo artesán tradicional da provincia.