A Deputación da Coruña apoia con 242.000 euros as actividades de 84 ANPAS de colexios e institutos públicos da provincia

O programa de subvencións, que se aproba por primeira vez este ano,permitirá financiar proxectos de conciliación, como servizos de madrugadores e actividades de cultura, deporte ou prevención do acosonos centros educativos públicos da provincia.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión definitiva do programa de subvencións para asociacións de nais e pais (ANPAS) de centros educativos públicos da provincia. Cun investimento de 242.337 euros, o apoio chegará a 84 entidades para a realización de actividades durante o 2026.

Trátase dun proxecto pioneiro da Deputación, pois, por primeira vez, a institución provincial executa unha convocatoria de axudas dirixidas especificamente ás ANPAS, recoñecendo deste xeito o seu papel básico no funcionamento diario de colexios e institutos. O obxectivo destas subvencións é aliviar a carga económica das familias e garantir que o alumnado teña un acceso a unha oferta de actividades ampla e de calidade, independentemente da súa situación económica ou do concello no que vivan.

O abano de proxectos que reciben financiamento é extenso, segundo explicou o presidente, Valentín González Formoso. “As axudas permitirán sufragar programas de conciliación familiar, como os servizos de almorzos e madrugadores; actividades extraescolares como o reforzo de técnicas de estudo, música, teatro ou educación ambiental; así como proxectos de convivencia escolar, prevención do acoso e fomento da igualdade e diversidade nas aulas dos centros públicos”, afirmou.

Formoso resaltou que “con este programa abrimos unha porta que as familias levaban tempo reclamando. É a primeira vez que a Deputación dedica unha liña de axudas específica para que as ANPAS poidan desenvolver a súa actividade e parece de xustiza que, ao igual que facemos con milleiros de entidades culturais, deportivas e sociais desta provincia, esteamos tamén ao carón das ANPAS, que son unha parte esencial da comunidade educativa”.

“A convocatoria foi un éxito rotundo”, afirmou a deputada da área de Educación e Mocidade, Yoya Neira, baseándose nas 84 entidades beneficiarias, e poñendo en valor que “as axudas servirán para apoiar actividades de lecer; pero tamén servizos básicos como comedores no rural, fomento o deporte ou axudar aos nosos nenos e nenas a medrar en valores de igualdade e respecto á diversidade”. A deputada incidiu en que “apoiando a todas estas entidades fortalecemos a calidade do ensino público, ao mesmo tempo que damos un respiro á economía das familias”.

A continuación, detállase o listado completo das 84 ANPAS beneficiarias, os proxectos subvencionados e as contías asignadas:

1. AFA Barouta Asociación de Nais e Pais de Alumnado no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Barouta – Promover a convivencia da poboación escolar fóra do ámbito puramente académico – 1.500,00 €

2. A.N.P.A. Brigantium CEIP Vales Villamarín – Programa deportivo “Madrugo e aprendo con Breogán” – 3.450,00 €

3. A.N.P.A. A Santaia do CPI Fonte Díaz – “Música Maestro”: proxecto que pretende fomentar a música nas distintas áreas do coñecemento – 2.080,00 €

4. A.N.P.A. Barcalesa do IES Xulián Magariños de Negreira – Axuda destinada para actividades e cursos complementarios para toda a comunidade educativa – 1.500,00 €

5. A.N.P.A. CEIP Mosteiro Caaveiro – Sufragar o custo da extraescolar de música tradicional: pandeireta e baile galego no 2026 – 1.500,00 €

6. A.N.P.A. Ramón Pimentel do CPI Conde de Fenosa Ares – Servizo de almorzos do AMPA Ramón Pimentel do CPI As Mirandas – 3.450,00 €

7. A.P.A. “Zalaeta-Campo da Leña” – Roteiros culturais e obra de teatro – 1.500,00 €

8. A.P.A. A Boca do C.P. de E.G.B. de Vedra – Actividades de conciliación, socialización e acompañamento nas distintas etapas educativas – 2.105,60 €

9. A.P.A. Adina C.P. Mesón do Vento – Actividades e gastos da asociación de pais e nais de alumnos do CEIP Mesón do Vento – 1.500,00 €

10. A.P.A. Ana Lastra López CPI Vicente Otero Valcárcel Carral – Subvención actividades extraescolares e saídas didácticas en autobús – 1.924,00 €

11. A.P.A. Apaluxa C.P. Integrado de Xanceda – Técnicas de estudo e axentes de bo trato – 1.500,00 €

12. A.P.A. Armando Cotarelo Valledor do C.P. Integrado de Boimorto – Proxecto integral con reforzo académico, actividades deportivas, culturais e sociais – 3.760,00 €

13. A.P.A. Brixeo I.E.S. Moncho Valcarce As Pontes – Programa 2026 da ANPA Brixeo do IES Moncho Valcarce – 1.500,00 €

14. A.P.A. C. Isaac Peral y Antonio Escaño Ferrol – Actividades de enriquecemento cultural e de fomento de tradicións – 1.500,00 €

15. A.P.A. C. Rural Agrupado de Teo – Presentación de subvención para a realización de actividades no ano 2026 – 4.450,00 €

16. A.P.A. C.N. Comarcal de Curtis-Estación – Concesión de axudas económicas orientadas á promoción de actividades educativas – 1.500,00 €

17. A.P.A. C.N. EGB Ramón Cabanillas Castiñeiriño – Programas de lecer, formativas e educativas para promover a convivencia – 1.500,00 €

18. A.P.A. C.N. Virgen Cela-El Xestal-Monfero – Realización de actividades do ANPA no 2026 – 3.450,00 €

19. A.P.A. C.N.C.M. E.G.B. de Porto do Son – Actividades extraescolares e eventos lúdico-educativos para favorecer a conciliación – 1.500,00 €

20. A.P.A. C.P. A Picota Barcoma – Enriquecer a formación da comunidade educativa e mellora do rendemento – 1.500,00 €

21. A.P.A. C.P. Cabaleiros – Subvencións para actividades realizadas pola ANPA e adquisición de material – 3.450,00 €

22. A.P.A. C.P. Carcabelos de El Burgo-Culleredo – Solicitude subvención gastos ANPA Carcabelos CEIP Isaac Díaz Pardo – 3.450,00 €

23. A.P.A. C.P. CPRA de Narón – Execución do plan de actividades 2026: programación cultural e deportiva – 3.360,00 €

24. A.P.A. C.P. EGB de Cariño A Basteira – Actividades culturais, deportivas, formativas, de convivencia e lecer – 1.880,00 €

25. A.P.A. C.P. Esteiro – Actividades para fomentar o vínculo entre a vida académica e a familiar – 1.500,00 €

26. A.P.A. C.P. Lamas de Abade – Gastos do programa anual 2026: extraescolares, conciliación e saídas culturais – 5.200,00 €

27. A.P.A. Castelao CEIP Alfonso D. Rodríguez Ordes – Actividades de conciliación para o alumnado – 5.200,00 €

28. A.P.A. Castro Baxoi (Piñeiro) – Castro Baxoi socio-cultural 2026 – 5.690,89 €

29. A.P.A. Colegio Estatal de Maciñeira-Neda – Solicitude para a realización de actividades no ano 2026 – 3.450,00 €

30. A.P.A. Cruceiro CEIP Cruceiro de Canido – Actividades a desenvolver pola asociación de nais e pais Cruceiro de Canido – 1.500,00 €

31. A.P.A. De Al. A Froula del CEIP de Teixeiro – “Tribo miúda, criando en rede”: benestar físico, emocional e cultura local – 2.553,60 €

32. A.P.A. De Coira-Portosín – Actividades extraescolares e eventos lúdico-educativos para a conciliación – 1.500,00 €

33. A.P.A. Do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Présaras-Vilasantar – Programa Concilia e aprende Présaras – 3.450,00 €

34. A.P.A. Faro C.P. Víctor López Seoane de A Coruña – Medrando xunt@s: formación para familias e actividades educativas – 2.218,40 €

35. A.P.A. Fonte da Revolta C.P. de Asados – A nosa terra, a nosa xente: proxecto educativo en comunidade – 3.450,00 €

36. A.P.A. Medoñas del C.P. EXB. A Fraga – Actividades promovidas pola ANPA As Medoñas do CEIP A Fraga – 1.833,00 €

37. A.P.A. O Badal Colegio Público de Toques – Obradoiros, escola de pais e nais e viaxes didácticas – 2.481,60 €

38. A.P.A. O Forte do C.P.I. Antonio Orza Couto – Festa de fin de curso, calendario solidario, concurso de Nadal e fútbol gaélico – 1.500,00 €

39. A.P.A. O Futuro CEIP Campomaior – Actividades para facer comunidade e concienciar sobre o medio ambiente – 3.500,56 €

40. A.P.A. Ponte Romana C.P. Sta. María As Pontes – Programa de extraescolares e conciliación 2026 – 5.200,00 €

41. A.P.A. Riazor del IES Eusebio da Guarda Coruña – Obradoiros: motivación, técnicas de estudo e xestión emocional – 1.500,00 €

42. A.P.A. Río Tella C. EXB Ramallosa-Teo – Proxecto de convivencia e prevención do bullying dirixido a primaria – 1.500,00 €

43. A.P.A. Rosalía Castro Esc. I. Os Ánxeles-Brión – Favorecer a educación integral e fortalecer a colaboración escola e familias – 3.450,00 €

44. A.P.A. Rosalía de Castro C.P. Tarrío-Culleredo – Solicitude para a realización de actividades no ano 2026 – 5.700,00 €

45. A.P.A. Salvador de Madariaga Uno – Configurar un programa de actividades completo para o curso 2025/2026 – 3.628,40 €

46. A.P.A. San Vicente C.P. de Vimianzo – Organizar actividades coas crianzas para a conciliación das familias – 1.500,00 €

47. A.P.A. Uxío CEIP Eugenio López Cee – Educación integral, inclusiva e adaptada aos retos tecnolóxicos actuais – 3.450,00 €

48. A.P.A. Vilaboa CEIP Sofía Casanova – Fomento das actividades deportivas, educativas e conciliación – 3.380,00 €

49. A.P.A. Xanela del CEIP María Pita – Facilitar a conciliación familiar e laboral e garantir o acceso igualitario á cultura – 5.700,00 €

50. A.P.A. y Amigos C.P. de Baio – Zas – Labarteando coa cultura – 2.728,32 €

51. AA.PP.AA. Xallas C.P. Barrié de la Maza – Promover programas de conciliación, eventos e actividades extraescolares – 6.700,00 €

52. ANPA O Cruce do Colegio Público Infantil O Cruce de Cerceda – Obradoiro psicoeducativo inclusivo e actividades culturais – 1.500,00 €

53. ANPA Alén do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión – Programa de actividades da ANPA Alén – 5.200,00 €

54. ANPA Camiño de Santiago do CEIP Monte dos Postes de Santiago – Realización de actividades durante o ano 2026 – 2.548,17 €

55. ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira – Actividades de educación emocional, taichi, teatro e filme – 1.500,00 €

56. ANPA CRA Culleredo Cepelín – Servizo de mañanceiros – 1.628,00 €

57. ANPA Fontela – Programa de educación medioambiental e prevención do acoso escolar – 1.588,60 €

58. ANPA Nebra – Actividades extraescolares e eventos lúdico-educativos para a conciliación – 1.500,00 €

59. ANPA O Areal da E.E.I. Fernández Varela – As pegadas do noso – 2.263,97 €

60. ANPA O Forte do CEIP Nº1 de Melide – Programa de actividades extraescolares e conciliación familiar – 4.450,00 €

61. ANPA Outo Eume – Actividades promovidas pola ANPA Outo Eume-2026 – 3.450,00 €

62. APA Agarimo – Axudar a financiar as actividades deportivas, de ocio e culturais no CEIP María Barbeito – 2.481,60 €

63. APA Bandaseca – Fomentar a cultura e a conciliación en Bandaseca – 1.500,00 €

64. Asoc. de Nais e Pais de Alumnos Lavandeira do CEIP Vila de Rutis – Desenvolvemento de actividades por parte da ANPA – 5.200,00 €

65. Asoc. Padres Coleg. Publ. Puente de Jubia Narón – Programa de actividades no ano 2026 – 1.500,00 €

66. Asoc. Pedrouco de Pais e Nais de Alumnos CEIP de Visantoña – Cultura e deporte – 1.500,00 €

67. Asociación ANPA do IES Maximino Romero Lema – Promover a realización de actividades extraescolares en Baio – 1.500,00 €

68. Asociación ANPA Val Barcala CEIP O Coto-Negreira – Actividades de bo trato escolar, igualdade, diversidade e xestión emocional – 2.141,26 €

69. Asociación de Familias de Alumnos e Alumnas “As Escoliñas do CRA de Bergondo” – Programa integral de conciliación: comedor con transporte e extraescolares – 4.450,00 €

70. Asociación de Familias do Alumnado Loureda do CEIP Santa María do Castro – Servizo de madrugadores 2026 – 1.500,00 €

71. Asociación de Nais e Pais Celso Emilio Ferreiro – Actividades culturais no rural, conciliación familiar e formación – 1.500,00 €

72. Asociación de Nais e Pais de Alumnos Carboeiro – Actividades extraescolares e saída didáctica – 2.520,00 €

73. Asociación de Nais e Pais de Alumnos Escola de Lago no C.R.A. O Esquío de Valdoviño – Actividade “Conta Contos” para a lectura e transmisión de legado cultural – 1.500,00 €

74. Asociación de Nais e Pais de Alumnos Mosteirón – Programa integral: transporte para excursións e material educativo – 4.836,00 €

75. Asociación de Nais e Pais de Alumnos San Simón – Convocatoria do programa «Ilumínate, brila con luz propia» – 2.275,52 €

76. Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as Andaravia – Proxecto de mellora de convivencia no CEIP de Pedrouzos (Brión) – 5.200,00 €

77. Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as do Centro Educativo de Infantil e Primaria de Palmeira – Aprendemos e convivimos na escola – 5.005,00 €

78. Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as O Areal do CEIP O Areal de Camariñas – Impulso educativo e valores: STEAM, igualdade e convivencia – 5.200,00 €

79. Asociación de Pais de Alumnos Cerne de Galicia CEIP Martagona de Melide – Actividades extraescolares, xornadas de convivencia e viaxes culturais – 3.450,00 €

80. Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as A Tarandeira do CRA de Coristanco-Santa Comba – Realización de actividades no ano 2026 – 5.200,00 €

81. Asociación de Pais, Nais e Titores de Alumnos/as do Colexio Público Raíña Fabiola Sarela – Programa de actividades socioculturais, formativas e culturais – 5.200,00 €

82. Asociación Padres Alumnos Cadreche del CEIP Pilar Maestu Sierra– Creando Talentos: programa para o desenvolvemento integral do alumnado – 5.200,00 €

83. Asociación Padres Alumnos Santa Uxía del CEIP O Grupo – Proxecto cultural e comunitario ANPA Santa Uxía Ribeira 2026 – 2.074,80 €

84. Asociación Trastamara P.Y A. C.P. EGB Entrepuentes Portomouro – 50 anos de vida escolar: mural colaborativo co alumnado – 1.500,00 €

Comparte éste artículo
No hay comentarios