O PP de Ribas de Sil lamenta que o goberno municipal renuncie a unha axuda de 35.000 euros para o acondicionamento da escola de Nogueira

A portavoz popular, Sandra Macía, condena “a mala xestión do alcalde socialista” por “chegar a renunciar a unha axuda aprobada” e “non facer as obra de acondicionamento na escola de Nogueira”.

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil lamentan que “o alcalde e o goberno local socialista teña renunciado a 35.000 euros do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo correspondente ao ano 2024”. 

O portavoz, Sandra Macía, explica que “o Concello tiña solicitado esa achega á Deputación de Lugo para o acondicionamento da escola de Nogueira; pero, finalmente, renunciou a esa axuda”.

A popular condena a xestión do goberno municipal do PSOE por deixar perder unha cantidade importante que permitiría facer unha obra no municipio. Así mesmo, cre que “non se deberían perder oportunidades coas que poder mellorar Ribas de Sil”.

De feito, “non só se perdeu esa cantidade de diñeiro; senón que se perdeu a oportunidade de mellorar a escola de Nogueira. E, no caso de querer recuperar ese proxecto, suporía retirar financiamento para outra actuación en Ribas de Sil”.

Macía condena, polo tanto, “esta mala xestión do alcalde que nos afecta a todos”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios