O PP afea a Lara Méndez por non asistir ao acto de conmemoración da Constitución que se celebrou hoxe en Lugo

por Redacción Lugo

 O vicevoceiro popular Enrique Rozas lamenta que a  alcaldesa de Lugo non asistise hoxe «nun momento absolutamente trascendental» ao acto institucional do 45 aniversario da Constitución que se celebrou una Subdelegación de Lugo

·        Para o popular é unha contradición que a Lara Méndez se lle encha a boca de falar da democracia e da igualdade entre a cidadanía e logo nun día tan importante coma o de hoxe non esté presente, como máxima autoridade, en representación do Concello de Lugo

·        O popular asegura que «temos unha alcaldesa á fuga» que desaparece da cidade cando ten o casco histórico en obras provocando problemas de convivencia por falta de planificación e afectando ás vendas da campaña de nadal do pequeno comercio.

·        Rozas tamén lamenta que a alcaldesa minimice malas decisión e malas prácticas administrativas que provocan que se lles cobre aos hoteleiros as taxas polas terrazas do exercicio de 2022 incumprindo a súa palabra e tamén recrimina que desapareza de  Lugo sen dar explicacións da tala indiscriminada de árbores na rúa Montevideo

·        Dende o Grupo Popular considera que a asistencia hoxe da alcaldesa de Lugo ao acto conmemorativo da Constitución era obrigada xa que hoxe «é máis importante que nunca poñer en valor a Constitución xa que nunca estivo tan ameazada a unidade de España

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario