O novo goberno de Lugo aproba unha redución do 40% no gasto político malia o voto en contra de PSOE e BNG

A medida supón un aforro anual de máis de 330.000 euros para as arcas municipais, pasando de custar 822.804 euros co anterior bipartito a 491.063 euros co novo executivo.

O Concello de Lugo aprobou a proposta do novo executivo municipal para reestruturar e rebaixar o gasto político do goberno, logrando unha redución do 40% nos custos en comparación coa etapa do anterior bipartito formado polo PSOE e o BNG.

Co deseño do novo organigrama, o custo anual da estrutura de goberno pasará dos 822.804 euros que gastaban os socialistas e nacionalistas a un total de 491.063 euros. Esta medida correctora liberarase máis de 330.000 euros ao ano dos impostos dos veciños, que poderán ser destinados a investimentos reais e servizos públicos para a cidadanía de Lugo.

Malia a evidencia das cifras e a necesidade de racionalizar o gasto público, a iniciativa saíu adiante grazas ao voto a favor do PP, mentres que os dous partidos que integraban o anterior executivo, PSOE e BNG, votaron en contra de recortar estes custos políticos.

Ao remate da sesión a alcaldesa Elena Candia dixo: «Desde o PP defendemos que este paso era fundamental para demostrar que se pode xestionar Lugo con máis eficacia, rigor e responsabilidade institucional, eliminando o gasto superfluo e demostrando que a política debe estar ao servizo dos cidadáns e non ao revés».

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios