O PSOE de Arteixo denuncia que Meicende «estala» coa aparición de armas nos parques e máis narcotráfico

Os culpables da situacion son o goberno de Arteixo é a Xunta de Galicia

O PSOE esixiu hoxe de maneira contundente ao goberno local de Arteixo (PP) e á Xunta de Galicia que saian inmediatamente do seu «letargo» institucional e garden as promesas incumpridas. Os socialistas reclaman a activación urxente da rehabilitación integral do Petón e a posta en marcha inmediata dun plan de choque contra a inseguridade cidadá que azouta a zona.

Inseguridade nos parques: das navallas ás xiringas

Máis alá do urbanismo, Seco pon o foco nun problema crítico de seguridade viaria e convivencia e sinala que as advertencias que fixeron o pasado outono foron totalmente ignoradas polo Goberno local, o que provocou un agravamento da situación coa aparición de navallas en áreas infantís, como denuncian as familias da zona do parque infantil da rúa Valladolid, pero tamén problemas recorrentes no parque da Cega e na contorna do Meicende Concilia.

A veciñanza tamén alerta da aparición dunha edificación ocupada que funciona como punto de consumo de drogas no pasadizo xunto á Travesía de Meicende (fronte ao bar Deza), que está a encher a zona de xiringas co consecuente risco sanitario.

«Non podemos tolerar que Meicende se converta nun barrio esquecido e perigoso polo desinterese do Goberno local. Os veciños teñen dereito a que os seus fillos xoguen nos parques sen medo a atopar navallas ou xiringas. O alcalde non pode mirar para outro lado mentres os espazos públicos se degradan desta maneira; fai falta menos propaganda e máis policía e xestión», declara con firmeza Martín Seco.

Desde a formación socialista cualifican de «inadmisible» a pasividade de ambas as administracións ante o evidente deterioro do barrio. Segundo denuncian, a falta de mantemento e o abandono do espazo público están a alimentar un clima de desprotección que esixe unha resposta policial e social firme.

O PSOE lembra que a veciñanza non pode seguir agardando por uns plans de reforma que fican esquecidos nos despachos mentres os problemas de convivencia se agravan día a día. Por iso, urxen o alcalde e o goberno autonómico a coordinarse para mobilizar os investimentos necesarios de xeito inmediato.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios