O PP de Lugo solicita acceso ao proxecto de remodelación do Pazo para poder coñecer en detalle a reforma

Antonio Ameijide lamenta que “a pesar de que levamos moitos anos pedindo que se realizase este estudo”, tivemos que coñecer “a través dos medios de comunicación que xa teñen preparado o proxecto, no que é unha total falta de lealdade institucional”.

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameiide, lamentou hoxe “a falta de lealdade institucional” do vicepresidente provincial, Efrén Castro, que “anunciou publicamente o proxecto de reforma do Pazo dos Deportes sen informar aos grupos da corporación”, pero tamén amosou a súa ledicia “porque semella que avanzamos nunha das grandes reivindicacións da sociedade lucense”.

Antonio Ameijide explicou tamén que “como non tivemos ningún tipo de información nin de comunicación por parte do goberno provincial, solicitamos oficialmente acceso e copia íntegra do expediente relativo ao proxecto para poder coñecer con detalles todos os pormenores do mesmo”.

O popular lembra que levamos moito tempo reclamando, tanto publicamente como nos órganos correspondentes da Deputación, a necesidade de acometer unha ampliación do Pazo dos Deportes para responder ás demandas actuais dos clubs e da afección lucense.

“Un proxecto desta envergadura require máxima transparencia e información detallada para coñecer o alcance real da actuación, os prazos previstos, o financiamento e os informes técnicos existentes, por afectar a toda a sociedade e polo importe a investir”, sentenciou.

Comparte éste artículo
No hay comentarios